Castelo
Inicio->servizos-Servizo Municipal de Deportes->Regulamento
O Concello
Enlaces

Servizo Municipal de Deportes.

Regulamento sobre uso das instalacións deportivas municipais (BOP do 30 de Outubro de 1998)*resumo.

Diposición preliminar

Art.1.- O presente regulamento regula o uso das instalacións deportivas dependentes o Itmo. Concello de Ribadavia, así como de espacios na via pública e de recintos especiasi, para actividades de carácter deportivo.

Capitulo 1

Uso das instalacións deportivas.Normas xerais

Art.2.- Son instalacións deportivas municipais, t´dolos edificios, campos, recintos e dependencias do municipaio destinadas ó desenvolvemento e práctica de calquera deporte ou da educación física.

Tamén terán a dita consideración os bens de carácter inmoble destinados ó propio obxeto e adscritos de modo permanente a algunha das instalacións expresadas no parrafo anterior.

Art.3.- As instalacións municipais deportivas definidas no artigo precedente terán a consideración de bens de dominio público afectos ó servicio público.

Art.4.- En cada instalación deportiva municipal,só poderán practicarse aquelles deportes para os que estea específicamente desti9nada.Non obstante poderan preacticasrrse diversos deportes sempre que técnicamente sexa posible e trala autorización da dirección do Servicio Municipal de Deportes,que se outorgaára discrecionalmente . en Xeral, en todas elas autorizase a practica da cultura física.

Art.5.-Para a correcta utilización das instalacións deportivas será imprescindible o uso a indumentaria e calzado deportivo axeitado.

Art.6.-queda terminante prohibido fumar dentro dos recintos deportivos segundo o Real Decreto 192/1988,do 4 de Marzo,así como acceder con botes e/ou recipientes de vidro ós espacios deportivos.

Art.7.- O Iltmo.Concello de Ribadavia,en caso de interese público reservarase a facultade de interferir,anular ou alterar calquera programación deportiva, comunicandollelo ós ususarios coa debida antelación,sen que por iste os afectados poidas demandar algun tipo de indemnización.

Art.8.-O Iltmo. Concello de Ribadavia,poderá concertar para o desenvolvemento de calquera programa deportivo , por un periodo máximo de 12 meses, convenios ou concertos con clubes, asociacións,federacións,entidades deportivas e organismos que promocionen o deporte para os efectos de que poidan beneficiarse de unha maior axilidade e seguridade no uso das instalacións así como duna maior operatividade no seu funcionamento.

Capitulo II

Pavillón polideportivo (...)

Capitulo III

Piscina municipal (...)

Capitulo IV

Pistas polideportivas (...)

Capitulo V

Complexo O Xestal (...)

Capitulo VI

Dereitos e deberos dos usuarios

Art.22.-Os alumnos das escolas deportivas teran dereito a asistenciaós curso,actos,competicións e todalas actividades que integren a totalidade do temario e calendario de cada escola deportiva.

Art.23.-Os usuarios-deportistas afiliados ás federacións e clubes ou entidades deportivas concertarán previamente antes do inicio da tempara ,coa dirección do S.M.D. tanto a orden como o número de adestramentos e competicións.

Art.24.-As datas e horarios de competicións nas fins de semana e festivos só se fixarán como máximo cunha semana de antelación e como minimo con 48 horas de antelación da data da competición;e sempre tendo en conta o uso preferencial das instalacións de acordo co establecido no artigo 25.

Art.25.-Para a utilización das instalacións establecerase unha orden de uso preferencial:1º deporte de base ou educativo;2ºdeporte de competición ou federado;3ºdeporte recreativo ou de tempo libre.A súa vez , dentro do deporte de competición ou federado:1º teran preferencia os que militen na categoría mais alta,de acordo coas establecidas polas respectivas federacións,e 2º os de máxima antigüedade de uso da instalación.

Asemade,terán prioridade de uso das instalacións, 1º as actividades dependentes ou organizadas en colaboración co Servicio Municipal de Deportes,2º os clubes , entidades deportivas, etc. Con seé no municipio de Ribadvia,debidamente rexistradas no rexistro de clubes e entidades deportivas do concello.

Art.26.1.-Os usuarios,en xeral das instalacións deportivas teran dereito a sua utilización,dentro dos horarios de funcionamento de cada unha e sempre que non interrompan ningunha actividade programada.Para a súa utilización deberán realiza-las reservas como nmínimo con 48 horas de atelación a data de uso ,presentando xustificantes de satisfacer-lo abono de acordo coa tarifa establecidea ou ,se fose o caso,presentado o carné de abonado,ou de estaró corrente de aboamento.Na piscina municipal deberan efectua-lo aboamento diario,ou ,de se-lo caso,presenta-lo abono mensual ou de tempada ou eestar ó corrente de aboamento.

26.2.-Os usuarios do simnasio e sala de musculación situada no polideportivo O Consello, ateranse ás seguintes normas de funcionamento:

-Teran prioridade de uso deste espacios toda.as actividades programadas polo servicio Municipal de Deportes.

-Os clubes e entidades que queiran facer uso da instalación de forma conxunta deberan establecer horarios en coordinación co persoa ´tecnico responsable destas.

-O material debera ser utilizado con especial coidado,se existira algunha dubida en canto a sua utilización,deberan ser utilizado co asesoramento do persoal da instalación.

-Desposis da súa utilización,o material deberá ser colocado no lugar destinado ó seu almacenamento,o incumprimento deste punto deber ser sancionado segundo o estipula o art.27 deste regulamento.

-Calquera desperfecto observado nos materiais debe serlle comunicado de inmediato ó peroal da instalación.

Calquera desperfecto ocasionado por mal uso destes por parte dos usuarios obrigarase a aboa-los gastos que ocasione a súa reparación ou reposición.

Art.27.-como contrapartida a estes dereitos os usuarios das distintas instalacións deportivas deberan:

-Usa-las instalacións e servicios cun () e coidaddo exquisito,respetando en todo caso os dereitos preferentes doutros usuarios, especialmente na reserva de horarios,previamente concedidos.

-Satisfacer puntualemente as cotas, abonos ,aluguamentos,suplementos , etc. Que se establezan polo uso das instalacións, fixadas polo Iltmo. Concello de Ribadavia.

-Acatar e cumprir cantas normas e instruccións dicten os organos de goberno por si ou a traves do persoal das instalacións.

-Aceptación das normas xerais de uso das instalacións, e dependencias anexas, asi como dos elementos ou materiais deportivos,postos a sua disposición por esta.

Art.28ll.-O comportamento neglixente dos usuarios dos ususarios no cumprimento dos deberes , podera provoca-las seguintes sancións:

-Expulsión do recinto deportivo

-Retirada do carné de abonado

-Prohibición do acceso ó servicio ou instalación durante o tempo que a dirección do DMD o considere oportuno,segundo a gravidade da infracción cometida.

En función da gravidade da infracción poderanse emprende-las accións xuridicas que correspondan, polo que este regulamento non exime doutros procedementos que se establezan na lexislación vixente.

Estas sancións serán executadas pola dirección do SMD,segundo o acordo actado pola Concelleria de Cultura e Deportes.

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100