Castelo
 
Inicio->servizos-Servizo Municipal de Deportes->Historia
O Concello
Enlaces

Servizo Municipal de Deportes

Historia

Iste servizo bota andar no ano 1987, polo tanto un servizo xoven, igual que na mayoría dos concellos foron nacendo ca chegada da democracia, no que se denomina a Via Municipal do Deporte.

A implantación xeralizada, no ambito municipal diste servizo, e como consecuencia da demanda por parte dos cidadans do DEPORTE PARA TODOS. Estase a vivir naqueles momentos un cambio sustancial nos habitos deportivos dos cidadans, pasamos de unha etapa anterior na que prácticamente a unica práctica deportiva era a de competición,amparada dentro da VIA FEDERATIVA, para un sector muy reducido de practicantes.

A partir distes intres se produce a socialización do deporte posibilitanto a práctica deportiva a todo-los segmentos de poboación. E polo tanto, que esta demanda deportiva obliga a todo-los concellos, e en concreto o noso recien nacido Servicio Municipal de Deportes, a fixarse dous obxetivos:

1. Creación de infraestructuras necesarias para posibilitar a práctica deportivas a todo-los cidadans, abrindo por un lado as instalacións deportivas o uso xeneralizado por parte de todo-los cidadans, e por outra banda creando as infraestructuras necesarias para albergar as necesidades especificas de cada segmento de poboación.

2. Por en marcha unha oferta de servizos deportivos, atendendo as necesidades e demandas potenciais dos cidadans, en función da sua idade.

 

 
 

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

Concello@ribadavia.es