Este programa ten como obxeto informa-los cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como o de orientar a asesora-las persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnostica-la situación e derivalos se é necesario ós servizos sociais de atención especializada.
O programa concretarase nas seguintes actuacións:
A información, orientación e asesoramento ós individuos, grupos, organizacións e á comunidade en xeral sobre os dereitos e recursos sociais existentes.
Estudo, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, así como a súa derivación cara ós servizos sociais especializados cando a complexidade ou especificidade da actuación así o requira.
Atención de consultas telefónicas.
Posibilidade de derivación a outro recurso/institución
Realización de informes sociais a petición de Colexio, Xulgados, Menores, etc.
Derivación cara algunha das tarefas de traballo do noso Departamento.
Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100