Castelo
Inicio->Servizos->Servizos Sociais (EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN  E  TRANSEÚNTES)
O Concello
Enlaces

EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN  E  TRANSEÚNTES

Programa  de  Información, Orientación, Asesoramento e Acompañamento.

* Publicación dunha Guía-Tríptico Telefónica de  Servizos Sociais.
Trásase dunha Guía onde se recollen teléfonos do Concello, Comarca, Provincia, Xunta e Asociacións de autoaxuda, relacionados cos Servizos Sociais.
 
Esta Guía pretende ser unha ferramenta de axuda, para os emigrantes e inmigrantes ou transeuntes, que acaban de chegar a nosa Vila, así como para outros colectivos do ámbito dos servizos sociais como a terceira idade, menores, muller e dicapacitados.

A finalidade é  a de orientar, a persoas que por diferentes motivos teñen problemas para a integración:

  • por que acaban de vir por primeira vez,
  • ou regresan despois de moito tempo,
  • os que viaxan por estacionalidade de traballo
  • persoas que viven no concello, pero por motivos de idade ou discapacidades, non están orientados e no coñecen os recursos que se ofrecen no propio concello,  na comarca, na provincia e na comunidade autónoma.

*Tramitación de tódalas axudas da Xunta e  do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais: 

  • Axudas extraordinarias para emigrantes retornados.
  • Axudas extraordianairas a emigrantes retornados e inmigrantes en   situación de risco social residentes en Galicia
  • Pensión asistencial por ancianidad a favor de emigrantes españoles.
  • Subsidio por desemprego para traballadores retornados.
  • Outras....

*Derivación a outros organismos, para atención a inmigrantes:
Como ó SGC, INSS, Consulados, Subdelegación do Goberno, Centros de Saúde, Centros Sociais, onde se poden tramitar distintos tipos de axudas como a RAI (Renda Activa de Inserción), Subsidio por desemprego... e outras actividades que faciliten a inserición sociolaboral.

*Acompañamento ó inmigrante/emigrantes:
Para realización de distintos trámites relacionados coa nacionalidade, convalidación de títulos, permiso de conducción, etc..

*Seguimento da integración  sociolaboral dos emigrantes/ inmigrantes:
Como foi a integración, se atoparon traballo, renovacións de axudas percibidas, etc.

*Rexistro do número de emigrantes e inmigrantes:
Dos beneficiarios que solicitaron algún tipo de axuda, onde consta nacionalidade, idade, data chegada, etc. Datos estos importarntes para poder elaborar un seguimento dos usuarios, así como para ter un diagnóstico anticipado, e así intentar prever futuras necesidades.

*Inclusión no listado do Banco de Alimentos de excedentes da Unión Europea:
Realízaronse 4 repartos durante o ano, nos meses de abril, xuño, outubro e decembro.

Programa de Acollida de nenos/as do Sahara (promoción dunha imaxe positiva de potenciais inmigrantes).

O programa consiste no asententamento e fomento do acollemento familiar por parte de familias ribadavienses de nenos e nenas do Sahara.

O funcionamento deste programa é dunha gran importancia para os rapaces que coñecen, novas realidades, unha nova sociedade, unha nova realidade familiar. Tamén coñecer a comunidade local do Concello e da Comarca do Ribeiro.

Así mesmo as familias do pobo, aprenden e coñecen as costumes e a propia situación dos nenos/as nos campamentos do Sahara, e aos fillos dos solicitantes cos que comparten xogos e convivencias.

Con todo elo preténdese lograr unha imaxe positiva da inmigración, que non se discrimine a comunidade africana, observación de que os nenos teñen moitas carencias no seu Pobo. Recoñecer que cando os inmigrantes veñen ata aquí, é porque están a vivir nunhas  pésimas condicións de vida e veñen a países occidentais a melloralas súas carencias.

O programa consta das seguintes accións:

  • Viaxe dende o Sahara ata Ribadavia
  • Presentación e acollemento por parte das familias por un periodo de dous meses
  • Participación na vida diaria das familias acolledoras
  • Participación nas distintas actividades da Vila (campamentos urbán e exterior, Mostra Internacional do Teatro, Intercambios europeos, festas populares, etc...).
  • Visitas a distintos pobos da comarca e de Galicia
  • Regreso ao Sahara.

Programa de reforzo do sistema de axudas no ámbito escolar

Este programa xa se iniciou o pasado ano, a través dun convenio coa Consellería da Presidencia a través da súa Secretaría Xeral de Emigración, para o financimento das bolsas de comedor a fillos de  inmigrantes.

Este ano continuouse con él, nos ámbitos relacionados coa educación, como actividades extraescolares e de reforzo escolar.

Con este programa asegúrase unha correcta alimentación dos fillos dos inmigrantes así como a interacción cos rapaces da zona, tanto nas distintas horas libres e nas propias actividades.

O Concello aporta unha cantidade económica ó CPI Tomás de Lemos, para sufragar os gastos da atención do programa.

Programa de Atención a Transeuntes

*Elaboración dun protocolo de atención a transeuntes no inverno, a partir das 22:00h da noite (cando Cáritas xa non acolle e/ou por sobrepasar o límite de prazas) para dar aloxamento e almorzó.

Este protocolo materializaze cun convenio entre hostais do concello e o Departamento de Servizos Sociais e a Policia Local, Garda Civil e Protección Civil.

*Pago da viaxe, para que os transeúntes se poidan transladar a unha localidade onde exista un Albergue e/ou para que continúen o camiño na búsqueda dun destino onde atope unhas mellores posibilidade de vida.

 

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es