Castelo
Inicio->Servizos->Servizos Sociais (Programa de Axuda no Fogar e Teleasistencia)
O Concello
Enlaces

Programa de Axuda no Fogar

O servizo de axuda no fogar é un servizo de apoio a nivel preventivo, educativo e asistencial para as familias ou persoas  con dificultades para manter ou restablece-lo seu benestar físico, social ou afectivo, e que pretende dar resposta aos problemas e necesidades socio-familiares que presentan as persoas, atendendoas no seu propio domicilio, evitando internamentos innecesarios.

A finalidade do servizo de axuda no fogar é a mellora da calidade  de  vida  das  persoas  que  necesitan asistencia, manténdoas  no  seu  medio  habitual, evitando deste xeito a institucionalización, podendo así integrarse ou reintegrarse na súa comunidade.                   

Así pois, dun xeito máis concreto establecemos o obxetivo xeral e os específicos a continuación:

Obxetivo Xeral:

Garantir no individuo a súa autonomía cando un determinado estado carecial provoque o seu illamento e a súa dependencia das intitucións, procurará ó grupo familiar a mellora das relacións e a da administración dos recursos domésticos evitando a ruptura do grupo familiar e a institucionalización dalgún dos membros.

Obxetivos Específicos:

  • Manter a convivencia no domicilio
  • Garantir a seguridade e autonomía do individuo
  • Utilización de recursos que diminúan o illamento da persoa
  • Apoiar no desenvolvemento das capacidades para a integración da convivencia familiar e comunitaria.
  • Renovar  os  vínculos  coa  familia,  os  veciños  e o roteiro, ou crealos de novo.                               
  • Optimizar o rol socializador da familia.      
  • Facilitar  os  medios  para  que  os  usuarios  poidan mellorar a súa calidade de vida.                           
  • Prever internamentos  innecesarios  en  institucións.

                                                           
O servicio de axuda no fogar, debe ofrecer unha atención integral e polivalente ós usuarios, que abranque diferentes necesidades do individuo, apoiando e estimulando os aspectos da relación humana, a autoestima e as condicións de vida. Ademais todas as intervencións que se fagan nese ámbito terán un carácter preventivo, educativo e rehabilitador.

A variedade de prestacións que se ofrecen desde este servizo, concretaranse nas seguintes atencións:

  • Atencións de carácter persoal:

Apoio no aseo e coidado persoal, co obxecto de manter a hixiene corporal .
Axuda para comer,erguerse, deitarse e vestirse.
Se procede administración e supervisión da medicación
Movilización dentro do fogar
Compaña
Acompañamento fora do fogar (xestións, paseos, compras)
Facilitar a realización de actividades de ocio dentro do foga

  • Atencións de carácter psicosocial e educativo:

Intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio o desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e a integración na comunidade onde se desenrole a vida do usuario, así como o apoio a estructuración familiar.

  • Atencións de carácter doméstico

Alimentación: compra e preparación de alimentos
Roupa: lavado, pranchado,cosido...
Limpeza e mantemento da vivenda asi como pequenas reparacións e outras tareas que no precisen dun especialista.

  • Atencións de carácter técnico e complementario

Xestións o actuacións que podan ser necesarias, ben para a posta en funcionamento do servicio, para que continue en condicions adecuadas , o para permitir, co apoio de novas tecnoloxias , tales como a teleasistencia e outras , una actuación inmediata en situaciones de crisis ou emerxencia.

Para este ano 2007 o servizo conta con 8 Auxiliares de Axuda no Fogar, 5 a xornada completa e 3 a media xornada. Prevese cubrir as necesidades de 60 persoas maiores.

Teleasistencia

A través do servizo de Teleasistencia preténdese, que as persoas maiores e discapacitados permanezan no seu fogar cunhas condicións mínimas de seguridade.

Consiste nun aparato que vai unido ó teléfono, e que funciona a modo de receptor con respecto a un colgante ou pulsera que leva a persoa maior, ademais de en caso de emerxencia serve de acompañamento.
Este servizo é totalmente gratuíto para os maiores.

A finais deste ano 2006 están sendo atendidas por este programa 56 persoas, en abril o número de beneficiarios era de 34.

O longo do ano 2007 prevese aumentar significativamente o número de usuarios de Teleasistencia.

 

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es