Castelo

Inicio->ordenanzas fiscais->Venda ambulante

Ordenanza fiscal reguladora da venda ambulante no Concello de Ribadavia

Artigo 1.- A presente ordenanza ten por obxecto dispoñe-lo comercio ambulante en mercados en todo o termo municipal de Ribadavia para regula-la venda non sedentaria do antedito comercio ambulante nos mercados que se celebren os días 10 e 25 de cada mes, na vila / de seren festivos, no seguinte día hábil) realizado mediante postos e instalacións desmontables ou mesmo en vehículos destinados á venda, debidamente auto- rizados e organizados.

O concello, por causa do interese xeral, poderá dispoñe-lo traslado dos actuais postos de venda a outros lugares, así como a reducción ou supresión deles, sen que isto dea lugar a indem- nización ningunha ( a reducción levarase a cabo comezando polos últimos en teren obtida a licencia ou autorización municipal).

Artigo 2.- As autorizacións dos postos de venda outorgaranse trala solicitude previa do interesado, na que se fará constar:

A) Nome e apelidos do peticionario, que de ser entidade xurí- dica achegará fotocopia da constitución e asemade fotocopia de poder notarial do representante legal.

B) Número do DNI.

C) Artigo ou artigos que pretende vender.

D) Número de metros que precisa ocupar.

Artigo 3.- Xunto coa solicitude referida no artigo anterior o

peticionario achegará tamén os seguintes documentos:

1.- Cando o peticionario sexa autónomo:

•  alto no Rexistro de comerciantes Ambulantes de Galicia

•  título acreditativo de alta no epígrafe correspondente do IAE

•  alta e último recibo de aboamento das cotizacións á Seguridade Social

•  fotocopia do DNI

•  dúas fotografías, tamaño carné

•  carné de manipulador de alimentos, de se-lo caso

•  estar en posesión do correspondente permiso de residencia e traballo por conta propia no caso de non gozar da nacionalidade española sen prexuízo do que dispoñan a este respecto as correspondentes leis sobre o particular.

2.- Cando o peticionario sexa entidade xurídica: a) alta no Rexistro de comerciantes ambulantes de Galicia; b) título acreditativo da alta no epígrafe correspondente do IAE; c) alta e último recibo de aboamento das cotizacións á Seguridade Social da empresa; d) alta dos traballadores no réxime correspondente da Seguridade Social; e) fotocopia do DNI do traballador que estará á fronte do posto de venda; f) dúas fotografías tamaño carné, do traballador que estará a fronte do posto de venda; g) estar en posesión do oportuno permiso de residencia e traballo, no caso de non gozar da nacionalidade española, sen prexuízo do que dispoñan as leis a este respecto.

3.- Cando o peticionario sexa agricultor: a) último recibo do Imposto de bens inmobles de natureza rústica; b) declaración xurada ou promesa de que os artigos para a venda son de pro- ducción propia; c) relación das súas explotacións agrícolas e dos productos cultivados nelas; d) alta e último recibo de abo- amento das cotizacións da Seguridade Social no réxime especial agrario.

Artigo 4.- O Alcalde, examinada a documentación achegada resolverá a petición autorizando ou denegando esta.

No suposto de denegación a resolución será motivada.

Artigo 5.- Para tódolos vendedores autorizados entregaráslle-

lo cartel identificativo no que constará, xunto á fotografía do titular ou traballador, os seguintes datos:

A) Nome e apelidos e, de se-lo caso, entidade xurídica.

B) Número de rexistro de comerciante.

C) Período de validez do permiso de venda.

D) Artigo ou artigos autorizados, especificando no seu caso se

se trata de colleita propia.

E) Número de posto asignado e metros que ocupa.

Este cartel deberá expoñerse de forma inexcusable en lugar

visible para o público e contará coas condicións precisas que impidan o seu deterioro.

Artigo 6.- As autorizacións serán renovadas automaticamente cada ano trala presentación previa dos

xustificantes que acre- diten que se está o corrente nas obrigas coa Facenda Pública e Seguridade Social e co prezo público de que se trata por insta- lación na feira.

Artigo 7.- Fica prohibida a venda en réxime non sedentario de todos aqueles artigos alimenticios que, a xuízo da autoridade sanitaria, comporten un risco para a saúde.

Artigo 8.- Ó exercicio da venda aplicarase, por metro e día , a cantidade estipulada na ordenanza do prezo público, número 14, polo aproveitamento especial do dominio público local.

O cobro da correspondente tarifa será trimestral e o seu abo- amento levarase a cabo nas oficinas do Concello de Ribadavia dentro dos primeiros quince días do mes do inicio do trimestre, con independencia de que se ocupe ou non o posto de venda; sen este requisito non poderá mante-lo posto.

Excepto na venda ambulante, dos núcleos rurais, que será a principios do ano e dunha sóa vez. En casos excepcionais pode- rase fraccionar en dous pagamentos por causas debidamente xustificadas. No caso de que algún comerciante se dea de alta durante o transcurso do ano, aplicaráselle proporcionalmente a correspondente taxa.

Aqueles comerciantes que teñan algún posto na Plaza de Abastos quedarán exentos desta taxa".

Artigo 9 .- A hora límite de acceso ó recinto feiral por parte dos vendedores para a ocupación do espacio asignado será as nove da mañá; caso de presentarse con posterioridade non se lle permitirá a instalación, sen que isto dea dereito o reembol- so da taxa aplicada.

A venda rematará ás tres da tarde, debendo deixa-lo espacio libre ás cinco da tarde.

Artigo 10.- Os vendedores deberán estar en posesión de fac- turas ou albarás que acrediten a procedencia

de mercadorías e

presentalos a requirimento da autoridade competente. A ausencia desta documentación ou ben a negativa a presentala poderá dar lugar a cualificación de "mercadoría non identifica- da" procedéndose a súa retención ata que se produza a identi- ficación da súa procedencia, concedéndose para tal efecto, un prazo máximo de quince días, agás cando se tratase de artigos perecedeiros, no que se reducirá este prazo de xeito adecuado para evita-lo deterioro. Rematado este prazo e previo informe proposto do correspondente facultativo darase á mercadoria o destino que se estime conveniente.

Artigo 11.- A autorización municipal para a venda no recinto feiral é intransferible. Tan só poderá exerce-la actividade o titular, o seu cónxuxe ou fillos empregados, acreditados e auto- rizados co oportuno carné, que se expedirá para o efecto, e que deberá ser exhibido a requirimento dos axentes da autori- dade, podendo ser retirado e anulado se se atopase en poder

de calquera outro persoa que non fose a autorizada.

Artigo 12.- Os vendedores cumprirán rigorosamente as seguin- tes obrigas:

Mante-la orde e limpeza do espacio adxudicado, absténdose de botar lixo e desperdicios fóra dos lugares expresamente sinalados para o efecto, onde existirán colectores para a reco- lleita deles.

Ocupa-lo espacio asignado sen exceder dos seus límites. Cando a venda non se efectúe por unidades deberán empre-

garse instrumentos para o peso debidamente contrastados e colocados de tal xeito que a operación da pesada sexa visible.

Artigo 13.- O incumprimento das normas que se sinalan de seguido dará orixe á instrucción do correspondente procede- mento sancionador; a este respecto clasifícanse as faltas en leves, graves e moi graves.

Son leves:

A) A falta de ornato e limpeza no posto de venda e no seu

entorno.

B) Atoparse en posesión da autorización municipal e non amo-

sala.

C) Emprego de altofalentes, salvo autorización especial, que

contemplará que a dirección dos anteditos aparellos sexa sem- pre cara ó exterior dos postos de venda e mesmo do seu volu- me non poderá afectar en ningún caso ós postos de venda máis próximos.

Son graves:

A) A reiteración por dúas veces de faltas leves.

B) A venda de productos distintos ós autorizados.

C) A instalación de postos en lugar non autorizado.

D) A falta de balanza ou mesmo de contraste nos instrumen-

tos de pesar ou medir.

E) A falta de enxurullo nos artigos vendidos ou ben que se leve

a cabo con papel usado antirregulamentario.

F) Non acredita-la procedencia da mercadoría.

G) Negativa á venda dos productos expostos ó público. H) Falta de aseo, hixiene e limpeza de vendedores, postos e

aparellos.

I) Colocación de envases en calquera clase de fardos ou saín-

tes fóra do perímetro do posto de venda.

Son moi graves:

A) A reiteración por dúas veces de faltas graves.

B) A desobediencia reiterada ós inspectores e autoridades do

concello.

C) O desacato ou desconsideración grave dos vendedores ós

axentes da autoridade.

D) A venda de artigos en deficientes condicións.

E) A instalación de postos sen autorización.

F) A venda de productos alimenticios non autorizados.

Artigo 14.- As sancións de aplicacións a estas faltas son as que se sinalan de seguido, previa instrucción do correspondente expediente:

A) Faltas leves, multa de 2.000 a 5.000 pesetas.

B) Faltas graves, multa de 5.001 a 25.000 pesetas e mesmo a

prohibición de exerce-la actividade durante dúas feiras.

C) Faltas moi graves, multas de 25.001 a 100.000 pesetas e

mesmo a revogación da autorización, podendo chegar a comi- sarse mercadorías no caso de xéneros en mal estado, venda de productos alimenticios non autorizados ou de instalación sen autorización.

Cando a autorización sexa revogada como consecuencia duhha infracción moi grave o seu titular non poderá obter auto- rización ningunha para o exercicio da actividade para a que tivese tal autorización nun prazo de dous anos.

Artigo 15.- Para os efectos do réxime de infraccións e sancións haberá que aterse ó disposto no título VI, capítulo II da Lei 10/1988, do 20 de xullo, de ordenación do comercio interior de Galicia; ó establecido no capítulo IX da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, e no Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor, en relación coa disposición última primeira da Lei 12/1984, do 28 de decembro, do estatuto galego do consumidor e usuario; e ó previsto na normativa específica de réxime local, todo isto segundo o interese lexítimo tutelado que en cada caso resulte preferente.

Artigo 16.- A presente ordenanza seralles de aplicación subsi- diariamente a falta de normativa expresa debidamente aproba- da pola corporación, ás seguintes formalidades de venda:

A) Os mercados e outras manifestacións de venda ou postos non fixos que se realizen con ocasión de festas locais ou acon- tecementos populares de carácter anual.

B) A venda con ocasión de acontecementos deportivos, musi- cais ou semellantes de productos directamente relacionados co acontecemento do que se trata e que se desenvolvan exclusi- vamente durante o transcurso destes.

C) A venda realizada por organismos ou entidades legalmente recoñecidas que non teñan ánimo de lucro e con obxectivos políticos, sindicais, relixiosos ou cívicos encamiñados á conse- cución das súas finalidades específicas.

D) As realizadas en exposicións ou promocións de actividades culturais, tales como feiras do libro ou análogas, salvo as ven- tas feitas dentro de locais ou recintos ocupados por un certa- me feiral.

E) A venda ambulante realizada mediante camións ou vehícu- los-tenda, estando permitida a súa realización nos termos esta- blecidos na presente ordenanza e na Lei de ordenación do comercio interior de Galicia, nos distintos núcleos de poboa- ción deste municipio, excepto no da súa capitalidade, Ribadavia.

F) ofertas realizadas a través de publicidade reiterada mediante folletos, revistas ou calquera outro soporte publicita rio.

Artigo 17.- Para desenvolver legalmente a venda ambulante no Concello de Ribadavia, requírese autorización expresa na forma de licencia municipal.

No caso de que se exerza a venda ambulante sen licencia, procederase a retirada do posto de venda ambulante ilegal e

dos seus productos (elementos, xéneros e instalacións de se-lo caso), sen prexuízo da sanción pecuniaria que proceda.

A retirada, custodia e demais deben estar regulados na orde- nanza fiscal repectiva.

Os elementos retirados da vía pública e espacios abertos, entregaranse a persoa interesada, despois da comprobación do pagamento das taxas de retirada e custodia, reguladas na orde- nanza fiscal repectiva.

Queda facultada a Policía Local para face-lo levantamento de mercadoría no caso de que o interesado non se atope co permi- so correspondente.

Artigo 18.- En todo o non previsto na presente ordenanza, estarase ó establecido na Lei 10/1988, do 20 de xullo, de orde- namento do comercio interior de Galicia, e do Real decreto 1010/1985, do 5 de xuño, das actividades de venda ambulante en todo o territorio municipal a través da presente ordenanza. Así mesmo será de aplicación supletoria o Decreto 194/2001, do 26 de xullo, da Consellería de Industria e Comercio, de orde- nación de venda ambulante.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada

polo concello, cando se publique integramente o seu texto no BOP e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei de bases de réxime local, a partir da dita publicación

 

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es