Castelo

Inicio->ordenanzas fiscais->Vados

Ordenanza Fiscal 17. Ordenanza reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e as reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercancías de calquera clase.

Pleno 16 de Novembro 1998
BOP 30 de decembro 1998

ORDENANZA Nº7. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHICULOS A TRAVES DAS BEIRARRUAS E AS RESERVAS DE VIA PUBLICA PARA APARCAMENTO, CARGA E DESCARGA DE MERCANCIAS DE CALQUERA CLASE.

Artigo 1º.- Concepto.
O amparo do previsto nos artigos 58 e 20.3.h da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas locais, de conformidade  co que dispoñen os artigos  15 ó 19 deste texto legal, este Concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais por entradas de vehículos a través das beirarrúas e, a reserva de vía pública para aparcamentos exclusivos, cargas e descarga de mercadorías de calquera clase, especificado en tarifas contidas no apartado 2 do artigo 4º seguinte, que se rexerá pola presente Ordenanza.-

Artigo 2º.- Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza as persoas ou entidades a cuio favor se outorguen as licencias, os que se beneficien do aproveitamento, si se procedeu sen a oportuna autorización.

Artigo 3º.- Categorías das rúas e polígonos.
Non se establecen.

Dereitos de concesión do vado, 3.000 ptas.
Prezo de venda da sinal normalizada, 4.000 ptas.
Entradas particulares, 1.500 ptas/ano.
Entradas a talleres, industrias e almacéns, 6.000 ptas/ano.
Entradas a garajes ou establecementos de venda ou exposición de automóbiles:
Ata 5 vehículos, 5.000 ptas/ano.
De máis de 5 e ata 10 vehículos, 7.000 ptas/ano.
De máis de 10 e ata 20 vehículos, 12.000 ptas/ano.
De máis de 20 e ata 30 vehículos, 15.000 ptas/ano.
De  máis de 30 vehículos, 20.000 ptas/ano.

Artigo 5º.- Normas de xestión

  1. As cantidades exisibles con arreglo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
  2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo seguinte e formular declaración acompañando plano detallado do aproveitamento e da súa situación dentro do Municipio.
  3. Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaración formuladas polos interesados, concedendose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións complementarias que procedan concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
  4. No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar deste Concello a devolución do importe ingresado.
  5. Unha vez autorizada a ocupación en tederase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado.
  6. A presentación da baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do semestre natural seguinte ó da súa presentación.

 

A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a raxa.

Artigo 6º.- Obriga de pagamento.

  1. A obriga de pagamento da taxa nesta ordenanza nace:

 

    1. Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no intre de solicita-la correspondente licencia.
    2. Tratándose de concesións e aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada semestre natural.
  1. O pago do prezo público realizarase:

 

    1. Tratándose de concesións de novos aproveitamentos por ingreso directo na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.

Este ingreso terá carácter de depósito previo de conformidade con disposto no artigo 26.1 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.

    1. Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais nas oficinas de recadación municipal previo anuncio.

 

DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza Fisca, aprobada provisionalmente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 16 de novembro de 1998 e que quedou definitivamente aprobada na data 28 de decembro de 1998 e manterase vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.

 

 

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es