Castelo
Inicio->Ordenanzas e Regulamentos-> Ordenanza de Incendios

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA PRESTACION DE SERVICIO DE PREVENCION E EXTINCION DE INCENDIOS, PREVENCION DE RUINAS DE CONSTRUCCIONS, SALVAMENTOS E OUTROS ANALOGOS.

 

Pleno 29 de Abril 2004

Artigo 1.- Fundamento e natureza

Artigo 2.- Nacemento da obriga triburaria.

Artigo 3.- Feito impoñible.

Artigo 4.- Suxeitos pasivos.

Artigo 5.- Responsables.

Artigo 6.- Cotas tributarias.

Artigo 7º Normas de procedemento.

Artigo 8.- Exencións e bonificacións

Artigo 9.- Infraccións e sancións tributarias.

Artigo 10.- Servicios obrigatorios.

Artigo 11.- Intervencións fora do termo municipal.

Artigo 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985 , do 2 de abril, Reguladoras das Bases de Réxime Local e conforme ó que dispoñen os artigos 15 e 19 da lei 39/1988 do 28 de decembro, Reguladora de Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por servico de extinción de incendios, salvamento e outros análogos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal da que as normas atenden o previsto no artigo 53 da devandita Lei 39/1988.

Artigo 2.- NACEMENTO DA OBRIGA TRIBURARIA

A obriga tributaria xorde da utilización ou presentación dos servicios devanditos, o devengo prodúcese coa orde de intervención ou requirimento dos interesados, aínda que non o solicitase persoalmente o suxeito en situación de perigo na sua presoa ou bens.

Artigo 3.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúen o feito impoñible desta taxa, a prestación de servicios de auxilio e axuda, polo Servicio Municipal de Protección Civil, sempre que esta prestación beneficie o suxeito pasivo. Se corresponden cos seguintes casos:

a) Extinción de incendios de toda clase, realizado polo Servicio Municipal con persoal e material do mesmo.

b) Prevención de incendios, ruínas e outros riscos graves inminentes para persoas e bens.

c) Auxilios, salvamentos, recuperacións e evacuacións de persoas e bens con ocasión dos servicios sinalados nos apartados anteriores ou doutras situacións de perigo como afundimentos, asulagamentos, explosións, derrumbos, accidentes de tráfico e cando o soliciten os interesados.

Artigo 4.- SUXEITOS PASIVOS

Serán contribuíntes deste tributo as persoas físicas ou xurídicase e as entidades as que fai referencia o artigo 33 a Lei Xeral Triburaria , sexan nacionais ou estranxeiras, que se atopen nalgún dos supostos seguintes :

a) Os solicitantes do servicio que resulten especialmente beneficiados polo mesmo, sexan alugueiros, posuidores ou ocupantes dos lugares ou bens nos que se produza o risco motivador.

b) Os propietarios, usufructuarios, inquilinos ou arrendatarios dos bens nos que se produza o risco ou sinistro motivador, cando os informes técnicos amosen que non estaban dotadas das debidas condicións de seguridade para prever e atenuaºlo sinistro, agás se este fose causado por culpa ou neglixencia dun usuario.

c) As persoas causantes do risco ou sinistro que pola súa actuación obriguen á prestación do servicio.

d) Terá a consideración de substituto do contribuínte, a entidade ou sociedade aseguradora do risco.

Artigo 5.- RESPONSABLES

1.- Responderan solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as pesoas físicas e xuridicas a que se refire a Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os admnistradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinal al Lei Xeral Tributaria.

3.- Seran substituidos do contribuinte nesta taxa (Artigo 4.d) , as entidades ou sociedades aseguradoras do risco,en bens ou persoas, sexan publicas ou privadas. A estas o Concello poderá xirarlle directamente a correspondente liquidación pola prestación do servicio unha vez demostrado polo contribuínte que está en vigor a póliza que asegura os feitos que dan orixa a liquidación pola prestación do servicio.

Artigo 6.- COTA TRIBUTARIA

Clasificación dos vehículos:

Vehículo n º 1.-Camión contra incendios e auxilio en accidentes.

Vehículo n º 2.-Camión contraincendios forestais todoterreo.

Vehículo n º 3.-Vehículo lixeiro de transporte.

Vehículo n º 4.-Vehículo de apoio.

Salida fixo: 60 euros.

1.- Saídas da base de Vehículos inculindo a 1 ª hora de traballo nos Apartados A, B, C.

a) Saída da base do Servicio Municipal de Proteccin Civil. Camión contraincedios e auxilio en accidentes (nº 1): 63,26 euros

b) Saída da base do Servicio Municipal de Protección Civil. Camión contraincendios forestais todoterreo (nº 2): 78,28 euros

c) Saída da base do Servicio Municipal de Protección Civil. Vehículo lixeiro de transporte (nº 3): 21,04euros.

d) Saída da base do Servicio Municipal de Protección Civil. Vehículo de apoio (nº 4): 30,04 euros.

2.- Traballo por cada unidade temporal ou fracción

a) Por cada hora ou fracción do vehículo (nº 1)42,07 euros.

b) Por cada hora ou fracción di vehiculo (nº 2)54,09 euros

c) Por cada hora ou fracción do vehículo (nº 3) 21,04 euros.

d) Por cada hora ou fracción do vehículo (nº 4) 30,04 euros.

3.- Por cada hora ou fracción de traballo de cada:

a) Especialista GRUMIR: 15,03 euros.

b) Xefe de Garda (Especialista GMIR):18,03 euros.

c) Socorrista e Socorrista Acuatico:24.04 euros.

d) Patrón de embarcación: 24,04 euros.

e) Xefe do servicio: 30,05 euros.

4.- Pola utilización de equipos de respiración autónoma (ERA) por unidade: 24 euros.

5.- Por cada litro de espumoxeno: 10 euros.

6.- Por cada hora ou fracción de limpeza de calzada: 48,08 euros.

7.- Por utilización de extintor, cada unidade: 36,06euros.

8.- Por cada hora ou fracción de traballo do xerador eléctrico : 34,86 euros.

9.- Por tramo de mangueira despregada, por unidade: 15,03 euros.

10.- Por bomba de achique: 25 euros hora ou fracción.

11.- Absorvente: 15 euros/kilo.

12.- Dispersante: 8 euros/kilo.

13.- Recarga de aire comprimido (ERA): 12 euros/unidade.

14.- Xerador de espuma: 20 euros/hora ou fracción.

15.- Nas saídas cobraránse ademáis das cotas anteriores, por Km. percorrido: 0,60 euros.

16.- A tarifa mínima dos dereitos a liquidar pola prestación de servicios e de: 51,09 euros.

17.-Nas extincións de incendios en locais onde haxa substancias toxica, inflamables ou explosivas en cantidades ou condicions non permitidas polas disposicións aplicables, recargarase a cota resultante dos apartados anteriores nun 100%.

18.- Por cada hora ou fracción no uso de batelume e ferramentas manuais de extinción de lumes: 60 euros.

19.- Por cada hora ou fracción na prestación de servicios distintos dos especificados con anterioridade e que non poidan ser realizados por empresas radicadas dentro do término municipal: o que corresponda de acordo co punto 3º.

20.- Normas de aplicación das tarifas:

Os servicios prestados fora da nosa comarca (O Ribeiro) sufrirán un recargo do 40% das tarifas resultantes.

As incorporacións de medios que pudieran producirse tarifaranse por analoxía as existentes, ata a súa regulación especifica.

Ditas tarifas actualizaranse anualmente conforme o Indice de Prezos o Consumo (I.P.C.).

ARTIGO 7. -NORMAS DE PROCEDEMENTO PARA A LIQUIDACION E INGRESO

1.- O pago desta taxa realizarase polo procedemento de autoliquidación na Recadación Municipal ou entidades bancarias cobradoras.

2.- O persoal do Servicio de Protección Civil extenderán un parte en impreso normalizado no que fará constar, como mínimo: o nome e apelidos, DNI ou CIF da persoa solicitante ou beneficiario do servicio. Domicilio, teléfono, nome e apelidos e DNI ou CIF do propietario do ben, sexa persoa física ou xurdica, motivo da actuación, como beneficiario, podendo coincidir amboºlos dous.

A hora de saída da base e a hora de chegada o mesmo. Ademais este parte incluira os datos da entidade aseguradora do risco motivador facendo constar o Nome da entidade, CIF, numero de Póliza e a data de caducidade da mesma.

O parte debe ser asinado polo solicitante ou beneficiario e a persoa que realice o servicio. Este parte sera a vez impreso autoliquidación da taxa, no que constaran o dorso as tarifas de aplicacion. O impreso sera cuadruplicado e deberan entegarse dous exemplares o solicitante e remitir un a Administración de Tributos do Concello para control, e outro para arquivo no Servicio Municipal de Protección Civil.

3.- Os contribuintes deberan ingresaºla cota por autoliquidacion no prazo de trinta días hábiles contados a partir do dia seguinte da prestación do servicio. Transcorridos os trinta dias a que se refire o parágrafo anterior, a Inspeccion de Tributos do Concello leventara acta por infraccion grave.

ARTIGO 8.-EXENCIONS E BONIFICACIONS

Gozarán de exención as propiedades municipais e os casos que sinale a lexislación vixente. Gozaran duna reducción do 15% se o ingreso se produce no prazo de dez dias seguintes prestación do servicio. Tamén gorzaran de exención da taxa devengada pola prestación do servicio aquilas familias ou persoas físicas que figuren no rexistro municipal de servicios sociais como pobres, e aqueles con poucos recursos economicos para afrontar o importe da taxa, o cal se fará constar no expediente polo servicio prestado.

ARTIGO 9.-INFRACCIONS E SANCIOS TRIBUTARIAS

En materia de infraccións e sancións tributarias rexera o diposto na Lei Xeral Tributaria vixente.

ARTIGO 10.-_ SERVICIOS OBRIGATORIOS

Será obrigatoria a prestación dos servicios nos casos de risco grave e inminente para a poboación en xeral, conforme o disposto na normativa urbanística, de policía e protección civil e cando ordenen as autoridades contentes por razons de seguridade publica.

ARTIGO 11.-INTERVENCIONS FORA DO TERMO MUNICPAL

Previo requirimento das autoridades competentes poderase acudir a un sinistro localizado noutro concello da zona, sempre e cando o Xefe do Servicio estime que o municipio queda atendido cos mínimos suficientes.

Disposicións finais

1 ª.- No non previsto na presente Ordenanza serán de aplicacións as disposicions contidas na lexislación tributaria aplicable.

2 ª .- A presente Ordenanza entrara en vigor o dia seguinte da sua publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor mentres non se acorde a súa modificaión ou derogación expresa.

A presenta ordenanza foi aprobada polo Pleno Corporativo de data 29 de abril de 2004.

Contra a aprobación definitiva desta ordenanzas fiscais poderase interpoñer recurso contenciosoºadministrativo ante o órgano correspondente de dita xurisdicción no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó desta publicación no Boleín Oficial da Provincia".

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es