Castelo
Inicio->Ordenanzas e Regulamentos-> Ordenanza de Taxa de Sumidoiros

Ordenanza Fiscal nº8. REGULADORA DA TAXA DE SUMIDOIROS

Art. 1.-

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, este Concello establece a Taxa sobre prestación dos servicios de sumidoiro, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Art. 2.-

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización do servicio de sumidoiro, así como a vixilancia dos sumidoiros particulares .A obrigación de contribuír nacerá dende que teña lugar a prestación do servicio. Estarán obrigados ao pago os propietarios ou usufructuarios de fincas urbanas que radiquen en vías públicas nas cales teñan establecido o Concello o saneamento público e os seus servicios inherentes. Así mesmo, estarán suxeitos ao pago os donos ou usufructuarios de inmobles que non podendo utilizar o saneamento público sírvanse de sumidoiros particulares,en compensación dos gastos investidos polo Concello para a súa debida vixilancia e inspección.

Art. 3.-

Como base do gravame tomarase o 3% do líquido impoñible que figura para cada inmoble no rexistro fiscal da Facenda Pública aos efectos da contribución urban.

Art. 4.-

As cotas correspondentes a esta exacción serán obxecto de recibo único, calquera que sexa o seu importe. Anualmente formarase un padrón de contribuíntes afectados, que servirá de base para os documentos cobratorios correspondentes, con exposición e trámites de rigor.

Art. 5.-

En todo o relativo a infraccións, as súas distintas cualificacións, así como as sancións que as mesmas poidan corresponder, estarase ao disposto ao establecido na Lei 7/85, Lei de Facendas Locais e subsidiariamente Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no B.O. da Provincia, e comezará a aplicarse o primeiro de xaneiro de mil novecentos noventa, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación.

Dilixencia.- A presente Ordenanza foi aprobada polo Iltmo. Concello Pleno en sesión extraordinaria celebrada o 19 de outubro corrente , e atopase exposta ao público , segundo anuncio no B.O. da Provincia, n.º246, de 24 de outubro.

Ribadavia, a 26 de outubro de 1989.-
Vº. Bº.- O ALCALDE.- O SECRETARIO ACCTAL.

Dilixencia .- O pleno , en sesión celebrada o día 27 de novembro actual , acordou establecer a tarifa da precedente ordenanza no 0.084% sobre o valor catastral dos inmobles , considerando que é a formula de axuste necesaria para adecuar o tipo impositivo anterior do 3% do líquido impoñible con dito valor catastral .

Ribadavia. 30 de novembro de 1989

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es