Pleno 30 de Marzo 2006
BOP 7 de Abril de 2006
A Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local establece no seu artigo 25.2 k) como competencia municipal a prestación de servicios sociais e de promoción e
reinserción social, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas. Asemade tamén o prescribe a recente Lei 5/1997, do 22 de xullo de administración local
de Galicia no seu artigo 80.2 k).
En canto ó que atinxe á lexislación específica deservicios sociais de Galicia, dicir que a Lei 4/1993 de servicios sociais no seu artigo 8.2 dálle carácter de programa básico de actuación en materia de servicios sociais de atención primaria ó programa de axuda no fogar para prestarlles un conxunto de atencións de carácter doméstico, social, persoal ou educativo ós cidadáns no seu medio. Así mesmo establece no seu artigo 21 que lles corresponde ós concellos a competencia para a creación e xestión dos servicios sociais deste primeiro nivel. Como desenvolvemento da lei o Decreto 240/95, do 28 de xullo, regula os servicios sociais de atención primaria, de forma que se garanta a atención básica e xeneralizada na totalidade do territorio
autonómico cuns contidos mínimos na prestación dos servicios a tódolos cidadáns.
O Concello de Ribadavia entende a necesidade social de prestar este servicio de xeito continuado, financiándose a través de subvencións da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ademais doutras que se poidan acadar.
Actualmente a demanda da prestación do servicio de axuda a domicilio (S.A.D.) xunto cos medios nunca suficientes cos que o concello conta para poder afrontar os servicios sociais de atención primaria que garantan o benestar social dos veciños, fai preciso establecer unha normativa mínima que regule este servicio co fin de que as solucións que se adopten respondan a principios equitativos e de xustiza social, de xeito que disfruten do S.A.D. as persoas e as familias que o precisen, dada a imposibilidade de poderse prestar con toda a amplitude que este concello desexaría.
Polo tanto, en cumprimento do mandato de regulamentar este servicio mediante ordenanza municipal, que prevé a Orde do 22 de xullo de 1996, pola que a Xunta de Galicia normativiza o servicio de axuda no fogar, e no exercicio da potestade regulamentaria que recoñece a lexislación do réxime local, disponse:
ARTIGO 1.-
O servicio de axuda no fogar defínese:
O servicio de axuda no fogar é un servicio social comunitario dependente dos servicios sociais de atención primaria, que axuda ás familias e persoas soas con dificultades, para conseguir que poidan vivir na súa casa mentres sexa posible.
ARTIGO 2.-
A finalidade do servicio de axuda no fogar é a mellora da calidade de vida das persoas que necesitan asistencia, manténdoas no seu medio habitual, evitando deste xeito a institucionalización, podendo así integrarse ou reintegrarse na súa comunidade.
ARTIGO 3.-
A función do servicio de axuda no fogar é:
- Atender no fogar as persoas e familias en situación de necesidade social.
- Ofertar unha serie de atencións no propio domicilio dos usuarios.
ARTIGO 4.-
Os obxectivos do servicio de axuda no fogar son:
- Manter a convivencia no domicilio.
- Garantir a seguridade e a autonomía do individuo.
- Utilización de recursos que diminúan o illamento da persoa.
- Apoiar no desenvolvemento das capacidades para a integración na convivencia familiar e comunitaria.
- Renovar os vínculos coa familia, os veciños e o roteiro, ou crealos de novo.
- Optimizar o rol socializador da familia.
- Facilitar os medios para que os usuarios poidan mellorar a súa calidade de vida.
- Prever internamentos innecesarios en institucións.
ARTIGO 5.-
O servicio de axuda no fogar debe ofrecer unha atención integral e polivalente ós usuarios, que abranque diferentes necesidades do individuo, apoiando e estimulando os aspectos da relación humana, a autoestima e as condicións de vida. Ademais todas as intervencións que se fagan nese ámbito terán un carácter preventivo, educativo e rehabilitador.
A variedade de prestacións que se ofrecen desde este servicio, concretaranse nas seguintes atencións:
ATENCIÓNS DE CARÁCTER PERSOAL:
- Apoio no aseo e coidado persoal, co obxecto de manter a hixiene corporal .
- Axuda para comer,,erguerse, deitarse e vestirse
- Se procede administración e supervisión da medicación
- Movilización dentro do fogar
- Compañía
- Acompañamento fora do fogar (xestións, paseos, compras)
- Facilitar a realización de actividades de ocio dentro do fogar
ATENCIÓNS DE CARÁCTER PSICOSOCIAL E EDUCATIVO:
Intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio o desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e a integración na comunidade onde se desenrole a vida do usuari, asi como o apoio a estructuración familiar.
ATENCIÓNS DE CARÁCTER DOMESTICO
- Alimentación: compra e preparación de alimentos
- Roupa: lavado, pranchado,cosido...
- Limpeza e mantemento da vivenda asi como pequenas reparacións e outras tareas que no precisen dun especialista.
ATENCIÓNS DE CARÁCTER TÉCNICO E COMPLEMENTARIO
Xestións o actuacións que podan ser necesarias, ben para a posta en funcionamento do servicio, para que continue en condicions adecuadas , o para permitir, co apoio de novas tecnoloxias , tales como a teleasistencia e outras , una actuación inmediata en situaciones de crisis ou emerxencia.
ARTIGO 6.-
Poden ser destinatarios do servicio de axuda no fogar:
- Menores, os pais dos cales sufran ausencias temporais, que estean incapacitados para exercer a súa función temporalmente.
- Persoas con minusvalías ou incapacitadas para favorecer a súa autonomía persoal.
- Persoas maiores que vivan sos e ós que non poidan atender os seus familiares.
- Persoas ou familias con dificultades temporais por convalecencia ou outros motivos.
- Familias sen estructura con serios problemas de relación.
En xeral cando exista unha situación de desatención social ou familiar, avaliada tecnicamente que xustifique a intervención do servicio
ARTIGO 7.-
Non serán beneficiarias do servicio:
- Aquelas persoas que requiran un tratamento especializado.
- Aquelas persoas que requiran unha atención diaria de máis de dúas horas, salvo situacións excepcionais, agás de casos que precisen atención durante as 24 horas do día.
- Aquelas persoas que teñan ingresos, aforros ou rendas que lles permitan ter unha axuda totalmente privada.
ARTIGO 8.-
Son causas de extinción do servicio:
- Renuncia do usuario
- Ingreso con carácter definitivo en centro residencial
- Traslado definitivo da súa residencia a outro concello
- Falecemento do usuario
- Imcumprimento dos requisitos establecidos para a prestación do servicio previamente acordados, tales como trato inaxeitado do usuario cara ao auxiliar, falta de colaboración do usuario no desenrolo do servicio, imposición de tarefas o auxiliar que non lle correspondan ou similares
- Cando o concello deixe de prestar o servicio, ben por falta de medios ou ben porque os asuma outra administración
ARTIGO 9.-
Traballadores que integran o servicio de axuda no fogar:
A. O traballador social : E o profesional que recibe a demanda, fara o estudio e valoración da situación presentada , diseñara o proxecto de intervención adecuado a mesma e sera responsable do seguimento e evaluación do mesmo.
Funcións:
- Estudo e valoración de necesidades e recursos da comunidade
- Programación e avaliación do servicio
- Difusión e información sobre o servicio
- Estudo das demandas de información e atención dos solicitantes, valoración da situación, diseño da proposta de intervención cos obxectivos e a estratexia a seguir , movilizando e asignando os recursos necesarios
- Mediador entre a familia o usuario e a auxiliar
- Asignación e supervisión de tarefas
- Formulación de propostas de ampliación, reducción ou suspensión do servicio se fose necesario.
- Apoio e promoción da formación-reciclaxe do persoal relacionado co servicio
B. A auxiliar de fogar:
Persoal que realizara tarefas de carácter asistencial e educativo en contacto directo e periódico co usuario, a súa familia e o seu contorno inmediato.
Sus funcións e tareas concretas son:
Funcións:
- Asistenciais, de atención persoal e domestica
- De orientaciónen actividades da vida cotidia, favorezendo unha normalización no funcionamento do fogar
- Educativas, potenciando o protagonismo do usuario e facilitandolle os canles de comunicación co seu entorno
Tareas:
As necesarias para levar a cabo as funcións anteriormente enumeradas, establecidas e supervisadasen cada caso polo profesional ou equipo responsable do programa.
C. Otros profesionais coordinados cos traballadores sociais, tales como educador familiar,psicólogo e outros profesionais que colaboren co servicio de axuda a domicilio.
D. Voluntarios. Persoas que colaboran no programa dun xeito totalmente solidario , sen expectativas de remuneración economica, complementando as funcions dos profesionais implicados no programa. As tarefas que poden desempeñar seran de compañía, fomento de relacions e comunicación e ocupación do tempo libre tanto dentro como fora do fogar e outras que contribuan ó fomento da autoestima. A tal fin deberan ser formados convenientemente.
Os voluntarios deben estar organizados a través dun programa de traballo continuo e estable, cuns obxectivos claros e previamente establecidos cos profesionais e os usuarios.
ARTIGO 10.-
A selección da auxiliar de fogar realizarase a través das bases para a contratación de persoal que en cada momento aprobara o concello, valorándose:
* Formación recoñecida oficialmente sobre o programa de axuda a domicilio.
* Capacidade de comprensión, razoamento e iniciativa.
* Discreción e respecto ós usuarios do servicio.
* Receptividade para asumir os criterios establecidos na planificación para executar a adecuada prestación do servicio.
* Experiencia en traballo con anciáns, nenos, persoas con discapacidade, etc.
* Terán preferencia as persoas con escasos recursos económicos e cargas familiares.
O persoal prestaráselle asesoramento técnico en canto a aspectos xerais do servicio e dos usuarios que se atenderán.
ARTIGO 11.-
A auxiliar de fogar deberá de:
1. Axustarse ó programa que se estableceu tecnicamente.
2. Non interferir nin limitar o dereito do usuario á súa intimidade.
3. Ir ó traballo soa, sen compañía.
4. Non facer ningún comentario fóra do fogar do usuario, agás co asistente social que coordina o servicio. Gardará estricto segredo profesional.
5. Saber que é un traballador da administración municipal, non ten relación laboral co usuario.
ARTIGO 12.-
O concello prestará o servicio de axuda no fogar ou mediante concerto con outra institución.
A solicitude do posible beneficiario será mediante instancia, na que consten os seguintes datos:
* Nome e apelidos.
* Idade, estado civil e enderezo.
* Medios de vida.
* Relación de individuos que constitúen a familia e parentesco ou razón de convivencia con aquelas.
Calquera veciño poderá pór en coñecemento dos servicios sociais de atención primaria os supostos da persoa ou familia que coñeza que ó seu xuízo poidan requirir a prestación do servicio, para que o concello, logo da avalización das circunstancias, poida prestar o servicio.
ARTIGO 13.-
Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación: Certificado de pensións que percibe o solicitante, ou nóminas no seu caso, tamén dos membros da súa unidade familiar; certificación dos bens urbanos e rústicos e/ou licencia fiscal e fotocopia da declaración da renda, entre outros. DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte, tarxeta da seguridade social, informes medicos, certificado de empadroamento e calquera outro que se considere necesario para a valoración da solicitude e que teña relación cos aspectos que hai que valorar
ARTIGO 14.-
Procedemento:
Logo de recibir a solicitude, o D.T.S.-asistente social encargado do programa de axuda no fogar, á vista dos datos aportados, procederá ó estudio da demanda, tendo en conta as seguintes variables:
- Situación económica dos solicitantes.
- Soporte familiar e afectivo.
- Grao de autovalemento.
O asistente social emitirá informe determinando o tipo de prestación que ó seu xuízo deberá de facerse efectivo.
O servicio de axuda no fogar elevará proposta na que se fará constar:
1.- Procedencia ou non da prestación do servicio de axuda no fogar.
2.- No caso de estimarse procedente a prestación determinarase o tipo de prestación.
3.- Persoa que o prestaría.
4.- Tempo e data de prestación.
5.- Acordo escrito co usuario onde se detallen as tarefas, horarios, días e auxiliar que lle presta o servicio.
Corresponderalle á Concellería de Servicios Sociais e en todo caso ó alcalde, resolver as solicitudes da prestación de servicio logo da proposta do D.T.S.-asistente social do programa de axuda no fogar.
ARTIGO 15.-
O servicio de axuda no fogar prestarase:
- En condicións de gratuidade, ás persoas con escasos recursos económicos.
- Cofinanciado co usuario na medida das súas posibilidades.
ARTIGO 16.-
O SAD do Concello de Ribadavia financiarase a través da subvención da Concellería de Sanidade e Servicios Sociais, dos orzamentos municipais de cada exercicio e das achegas dos propios beneficiarios, nos casos que proceda.
ARTIGO 17.-
O prezo do servicio estará regulado pola correspondente Ordenanza Reguladora do Prezo Público do Servicio de Axuda no Fogar.
Para fixar a base dos ingresos da cada unidade convivencial terase en conta:
a) No caso de solicitantes con ingresos derivados de salarios, pensións ou calquera outra remuneración por conta allea, así como de rendas de capital ou de bens inmobles ou outros, fixarase como base dos ingresos as cantidades brutas obtidas por ditos conceptos na data de concesión da prestación do servicio menos os gastos deducibles.
b) Para solicitantes con ingresos derivados de actividades empresariais ou profesionais, fixarase como base dos ingresos a declaración do IRPF presentada no último exercicio.
A contía do Prezo Público que pagarán os/as usuarios/as será o que resulte do seguinte baremo, de conformidade co artigo 44. do RDL 2/2004, Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, que establece que o importe do prezo público deberá cubrir, como mínimo, o custo do servizo prestado. Cando existan razons sociais ou benéficas, culturais ou de interese público que así o aconselle a entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes casos deberán consignarse nos orzamentos da entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante se a houbera. A contía do prezo calcularase a partir do custo por hora de servicio prestado; esta cota é revisable anualmente e de forma automática, segundo o índice de prezos ó consumo (IPC), publicado polo Instituto Nacional de Estatística.
Cada beneficiario do SAD participará economicamente en atención os seus ingresos persoais e de toda a unidade familiar, así como en función do número de horas mensuais de atención que dará orixe a unha contía fixa para o custo mensual do servicio.
A taxa pagarase dende o momento en que se inicie a prestación do servicio, do 1 ó 10 de cada mes o Concello emitirá o correspondente recibo a cada usuario que a súa vez deberá efectuar a domiciliación bancaria do recibo na cantidade que el elixa.
A porcentaxe da achega económica dos usuarios para financiar o SAD, establécese de acordo cos seus niveis de renda e co número de membros da unidade familiar, clasificando ós beneficiarios en catro apartados:
SITUACIÓN ECONÓMICA
|
UNIDADES DE CONVIVENCIA |
Apartado a |
Apartado b |
Apartado c |
Apartado d |
Até 301,55 € |
Exento |
Exento |
Exento |
Exento |
De 301,55 € A 565,74 € |
19 % |
16 % |
13 % |
10 % |
De 565,75 € A 1.131,50 € |
29 % |
26 % |
23 % |
20 % |
De 1.131,51 € A 1.607,27 € |
39 % |
36 % |
33 % |
30 % |
Máis de 1.607,28 € |
100 % |
100 % |
40 % |
40 % |
Apartado a – Viven solos.
Apartado b – Viven dúas persoas.
Apartado c – Viven tres persoas.
Apartado d – Viven catro ou máis persoas.
ARTIGO 18.- PRAZO.
As solicitudes poderanse realizar ó longo de todo ó ano nos Servicios Sociais de atención primaria do Concello de Ribadavia.
DISPOSICION FINAL.-
Este regulamento entrará en vigor cando se cumpran os trámites e requisitos que esixe o artigo 70.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, é dicir, publicación íntegra do texto no Boletín Oficial da Provincia e transcurso do prazo que prevé o artigo 65.2 da devandita disposición.Ribadavia, 25 de maio de 2006.-