Ordenanza n.° 7.- Ordenanza fiscal da taxa por recollida de lixo
Pleno 29 de Novembro 2007
BOP nº21, 25 de Xaneiro 2008
Ordenanza n.° 7
Ordenanza fiscal da taxa por recollida de lixo
Artigo 1°.- En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polos artigos 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Le¡ 3911988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola recollida domiciliaria de lixo ou residuos sólidos urbanos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada Le¡ 39/1988.
Artigo 2°.
1.- Dado o carácter xeral híxiénico-sanitario e de interese xeral, o servizo é de obrigatoria aplicación e pagamento para toda persoa física ou xurídica que sexa suxeito pasivo da obrigación, segundo o establecido no artigo 5.° da presente ordenanza.
2.- Queda totalmente prohibido o vertido de lixo en todo o termo municipal.
Artigo 3°.
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recotlida, condución, trasfega, vertido, manipulación e eliminación de lixo domiciliario residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industríais, comerciaís, profesionais, artísticas, de servízos ou similares.
2.- Entran dentro do ámbito da presente ordenanza os desfe tos sólidos producidos como consecuencia das seguintes actividades e situacións:
a) Domiciliarias.
b) Comerciais e de servizos,
c) industriais, de construción de obras menores, de reparación domiciliaria.
d) Outras análogas.
3.- O lixo deberá ser depositado polos usuarios do servizo nos colectores instalados para o efecto, e deberá ser introducido previamente en bolsas de plástico debidamente pechadas. O lixo que polas súas características especiaís non poida ser depositado nas correspondentes bolsas será sacado á vía pública.
Artigo 4°.
1.- A obriga de contribuir nace coa prestación do servizo, por te-la condición de obriga e xeral, entendéndose utilizado polos titulares de vivendas e locais existentes na zona que cubra a organización do servizo.
2.- Non será admisible ningunha alegación sobre vivendas e locais pechados ou non utilizado como eximente ó pagamento da presente taxa.
3.- Consíderarase exentas do pagamento da presente taxa as vivendas baleiras e que acrediten mediante certificados das empresas subministradoras que non dispoñen de servizos de luz e auga.
Artigo 5°.
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da le¡ xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares nos que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufrutuario, habitacionistas, arrendatario ou, incluso, de precario.
2.- Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contríbuinte os propietarios das vivendas e locais, os cales poderán repercutir, de se-lo caso, cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.
Artigo 6°.
A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles. Para tal efecto, aplicaranse as seguintes tarifas: concepto, importe anual.
| |
a) |
Vivendas de carácter familiar, 57,12 euros/ano. |
| |
b) |
Bares, cafeterías, fondas e establecementos de carácter similar, 140,45 euros/ano. |
| |
c) |
Hoteis, hostais, residencias, restaurantes e similares, 294,95 euros/ano. |
| |
d) |
Locais industriais e comerciais de máis de 100 m2, 281 euros/ano. |
| |
e) |
Locais índustriais ou comerciais, de máis de 50 m2 e menos de 100 m2, 180,46 euros/ano. |
| |
f) |
Locais dedicados a comercios de venda por xunto de menos de 50 m2 e organismos públicos, 96,67 euros/ano. |
| |
g) |
Discotecas, supermercados e entidades financeiras, 483,40 euros/ano. |
| |
h) |
Locais situados na Praza de Abastos:
Actividade que ocupe un posto: 52 euros/ano.
Actividade que ocupe dous postos: 78 euros/ano.
Actividade que ocupe tres ou máis postos: 91 euros/ano. |
Artigo 7°.
1.- Para os efectos da cobertura da presente taxa, por parte do Concelto formarase un padrón no que figurarán os contribuíntes e as cotas respectivas que se lles liquiden por aplicación da presente ordenanza. As altas ou incorporacións que non sexan a petición propia notificaránselles persoalmente ós interesados.
2.- Unha vez incluídos os contribuíntes no padrón de referencia non será necesario ningunha notificación, bastando a publicación anual deste no BOP e no taboleiro de anuncios.
Artigo 8°.
1.- As baixas do padrón poderán cursarse antes do último día laborable do respectivo exercicio para que produzan efectos a partir do exercicio seguinte.
2.- As altas que se produzan dentro do exercicio producirán efectos desde a data en que naza a obriga de contribuir. A administración municipal liquidará en tal momento da alta a taxa procedente e quedará automaticamente incorporada ó padrón para seguintes exercicios.
Artigo 9°.
1.- A taxa regulada pola presente ordenanza percibirase por anos completos o día primeiro de cada exercicio.
2.- As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario e a súa prórroga faranse efectivas pola vía de constrinximento, consonte coas normas do Regulamento xeral de recadación.
3.- Consideraranse partidas nulas ou créditos incobrables aquelas cotas que non poidan facerse efectivas polo procedemento de constrinximento, para cuxa declaración se formará o oportuno expediente, de acordo co prevido no Regulamento xeral de recadación.
Artigo 10.
1.- En todo o referido á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que a estas correspondan en cada caso, haberá que aterse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
2.- As infraccións a esta ordenanza que non constitúan defraudación serán resoltas pola Alcaldía, na forma e contía previstas nas disposicións legais vixentes.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no BOP e que transcorra o prazo a que se refire o artigo 70.2, en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local".
Contra a aprobación definitiva destas ordenanzas fiscais poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano correspondente da dita xurisdición, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó desta publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Ribadavia, 18 de xaneiro de 2008. 0 alcalde.
|