Pleno 30 de Marzo 2006
BOP nº 165, do 19 de Xullo de 2006
ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PUBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE RIBADAVIA.
ARTIGO 1.- Concepto e definición.
Conforme sinala o artigo 127 do T.R.L.R.F.L., en relación co 41 da mesma, o Concello de Ribadavia establece o prezo público pola prestación de servicios de axuda e asistencia no fogar.
O Servicio de axuda no fogar é un servicio de apoio a nivel preventivo, educativo e asistencial para familias ou persoas con dificultades para manter ou restablece-lo seu benestar físico, social ou afectivo, e que pretende dar resposta aos problemas e necesidades socio-familiares que presentan as persoas, atendéndoas no seu propio domicilio, evitando internamentos innecesarios.
ARTIGO 2.- Prestacións.
- Apoios físicos: Realización de tarefas doméstica; limpar, facer camas, preparar e mercar comidas, axudas para comer, vestirse e asearse, axuda para medicamentos ...
- Apoio persoal: Acompañamento a médicos, seguimento da medicación, xestións fora do fogar cando non poida facelas o beneficiario.
- Apoio social: Fomento das relacións con familiares, veciños e amigos, achegalas á participación en actividades socio culturais e comunitarias do CONCELLO.
- Apoio psicolóxico: Carencias afectivas, emocionais ou de soidade.
ARTIGO 3.- Beneficiarios.
1.- Persoas que vivan soas. Que non poidan realiza-las tarefas domésticas, de forma autónoma e satisfactoriamente, e que non poidan ser atendidas polos seus familiares.
2.- Persoas que convivan coa súa parella ou con outras persoas, pero que se achen incapacitadas para a realización das tarefas domésticas.
3.- Familias con problemas de desestructuración ou relación.
4.- Persoas que por circunstancias de emerxencia non queden reflectidas nos artigos anteditos.
ARTIGO 4.- Procedemento.
a) Solicitudes:
Faranse no Concello, a través do Servizo Social de Base, aportando os seguintes datos:
- Nome e apelidos do solicitante.
- Data de nacemento.
- Estado Civil.
- Enderezo e teléfono.
- Número de membros da unidade familiar, indicando o seu parentesco.
b) Documentación:
O presenta-las solicitudes deberán achegar:
- D.N.I., tarxeta de residencia ou pasaporte.
- Libro de familia.
- Cartilla da Seguridade Social.
- Certificado de empadroamento e residencia.
- Documentación que acredite os ingresos do solicitante e das persoas coas que conviva.
- Informe médico que xustifique o estado de saúde (física, psíquica ou sensorial).
- Outros documentos que se consideren de interese.
ARTIGO 5.- Selección do usuario.
A axuda no fogar prestarase dende o Servizo Social de Base de conformidade á escala de discapacidade de Guttman:
- Non poder realizar por si mesma a limpeza do fogar, face-la compra, nin lava-la roupa.
- Non poder utilizar transportes públicos sen acompañantes.
- Non poder saír da casa só.
- Non poder face-las tarefas da cociña.
- Non poder lavarse sen axuda.
- Non poder utiliza-lo water só.
- Non poder andar sen axuda.
- Non poder comer so.
Segundo esta escala os servizos sociais determinarán a modalidade do servizo, número de días e horas, e o tipo de tarefas a realizar.
ARTIGO 6.- Dereitos e deberes dos beneficiarios.
- DEREITOS:
O usuario ten dereito á calidade e cantidade do servicio, aspecto que será supervisado regularmente polo técnico responsable.
O servicio non poderá interferir nin limita-lo dereito a súa intimidade.
- DEBERES:
Face-la aportación económica correspondente o servicio, segundo a escala de aportacións.
Comunica-los cambios que se poidan producir na unidade familiar ( económicos, membros, etc..)
Acepta-lo servicio proporcionado e trata-la asistente no fogar de forma adecuada.
ARTIGO 7.- Financiamento do servicio.
O financiamento darase con cargo ó orzamento do Concello, subvencións da Xunta de Galicia e aportacións dos usuarios.
A situación económica do usuario non ten ningunha relevancia á hora de determina-la súa necesidade de atención, sen embargo, os seus ingresos valoraranse á hora de establece-la participación económica no financiamento do servicio.
A aportación do usuario farase seguindo as seguintes directrices:
O prezo/hora do servicio será o que resulte en razón do custo laboral do traballador en cada anualidade.
Dito importe aplicarase de acordo coa seguinte escala:
SITUACIÓN ECONÓMICA
|
UNIDADES DE CONVIVENCIA |
Apartado a |
Apartado b |
Apartado c |
Apartado d |
Até 301,55 € |
Exento |
Exento |
Exento |
Exento |
De 301,55 € A 565,74 € |
19 % |
16 % |
13 % |
10 % |
De 565,75 € A 1.131,50 € |
29 % |
26 % |
23 % |
20 % |
De 1.131,51 € A 1.607,27 € |
39 % |
36 % |
33 % |
30 % |
Máis de 1.607,28 € |
100 % |
100 % |
40 % |
40 % |
Apartado a – Viven solos.
Apartado b – Viven dúas persoas.
Apartado c – Viven tres persoas.
Apartado d – Viven catro ou máis persoas.
Os importes de renda per cápita actualizaranse anualmente con base as variacións que experimente o I.P.C.
As aportacións seranlle aplicadas os seguintes índices correctores:
Nos servicios de máis de 4 horas diarias aplicaráselles unha reducción do 60 % no prezo hora nas que sobrepasen dito límite. Esta reducción aplicarase unicamente de seren a renta per cápita relativa a unha soa persoa.
O informe do Servicio Social de Base será documento suficiente para valora-la situación económica de solicitantes, en casos excepcionais, cuios parámetros non permitan evalua-la súa renda per cápita de xeito regular. O resultado aplicaráselle á escala e aportacións recollidas neste artigo.
ARTIGO 8.- Causas de suspensión do servicio.
O servicio deixará de prestarse polas seguintes causas:
- Falta de colaboración da persoa atendida para acada-los obxectivos fixados.
- Necesidade de ingreso nunha residencia ó non ser posible a atención no seu propio
fogar.
- Calquera outra modificación que supoña unha alteración da situación que orixinou
a concesión do servicio.
- Cando o Cocnello non poida seguir prestando o servicio por dificultades
de financiamento ou outras.
ARTIGO 9.- Auxiliares de fogar.
A estabilización laboral do persoal que realice os labores de auxiliar doméstico, será de forma inmediata á prestación do seu servicio.
Para a contratación das auxiliares do fogar teranse en conta os seguintes requisitos:
- Que a renda per cápita da unidade de convivencia non sobrepase o salario mínimo
interprofesional.
- Que teña coñecemento da zona onde vai traballar.
- Que non teña impedimento físico para o desenvolvemento normal das tarefas.
Ó mesmo tempo a súa actuación deberá aterse ós seguintes mínimos:
- Axustarse ó programa técnico establecido, a súa empresa non é o usuario, senón a
administración.
- O servicio non pode interferir nin limita-lo dereito a súa intimidade. A auxiliar
non poderá acompañarse de ninguén cando acuda ó seu traballo, nin fará
comentario ningún fóra do fogar do usuario que atende contra aquel servicio.
- A auxiliar non deberá traballar no domicilio do usuario en ausencia deste, sen o
permiso expreso.
- As auxiliares terán ademais un período de proba con cada familia, para asegura-la
mutua aceptación e propoñe-lo cambio cando sexa necesario.
- Asemade a auxiliar non deberá ter ningún parentesco co usuario.
ARTIGO 10.- Responsable técnico directo.
Dependerá do Servicio Social de Base do Concello, a elaboración dos correspondentes informes, referentes ás persoas que precisen do servicio.
Será a conexión entre o beneficiario do servicio e o Concello, estudiando a problemática social de cada caso, e mantendo un contacto estreito e cotiá coa persoa ou familia atendida.
Terá autonomía para o estudio da selección, prescripción e tipo de atención persoal necesaria en cada momento dando axilidade ó servicio.
Cumprimentará unha “folla de seguimento mensual” de cada caso, que lle servirá para control, complementándoa coas reunións que deberá manter coas auxiliares de fogar que prestan o servicio.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez feita a súa publicación íntegra no B.O.P., e comenzará a rexer a partires do seguinte a súa publicación, e permanecerá en vigor ata a súa derogación parcial ou total.