Castelo

Inicio->ordenanzas fiscais->Vados, ordenanza reguladora

Ordenanza reguladora da expedición le licencias de reserva de espacio de entrada e saída de vehículos (VADOS).

Pleno 29 de xuño 1998

BOP 8 de outubro 1998

 Ordenanza reguladora da expedición le licencias de reserva de espacio de entrada e saída de vehículos (VADOS).

 Capítulo I. Disposicións xerais

Artigo 1.- Sométese a licencia municipal o acceso de vehículos automóbiles a  todo tipo de inmobles, sempre que sexa preciso cruzar beirarrúas, ou outros bens e dominio e uso público, o que supoña uso privativo ou unha especial restricción do uso que corresponde a tódolos cidadáns, respecto a tales bens, ou impida o estacionamento ou parada doutros vehículos na fronte pola que se realiza o dito acceso.

Artigo 2.- 0 outorgamento de licencias de vado renuirirá nos supostos de acceso a inmobles, que os locais estan destinados a actividade estean en posesión da licencia de ocupación. En edificios antigos achegarase o certificado de seguridade e solidez expedido por técnico competente, cando o número de prazas supere as cinco unidades. Cando o número de prazas sexa menor de cinco unidades e existan criterios xustificados en razón do estado de conservación e en prol de tomar cautelas dende o punto de vista da seguridade, requirirase informe do técnico municipal.

Capítulo II: Modalidades de pasaxe (VADO).

Artigo 3.- Establécense no término municipal as seguintes modalidades:

a) Pasaxe permanente.

b) Pasaxe laboral.

En canto á normativa técnica xeral aplicable ós garaxes e aparcamentos colectivos será a seguinte:

- Largo mínimo da praza: 2,20 metros.

- Lonxitude mínima da praza: 4,50 metros.

- Altura libre do piso rematado ó teito: 2,20 metros.­

- Pendentes de ramplas en tramo recto: máximo 16%.

- Pendentes de ramplas curvo: máximo 12%.

- Radio mínimo de curvatura: 6 metros medidos en eixes.

En todo o que non conste na presente relación, axustarase á normativa técnica para a promoción pública de vivendas da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.

 Artigo 4.- Outorgarase licencia de pasare permanente para acceso a inmobles nos seguintes casos:

a) Garaxes públicos con capacidade superior a 10 prazas e talleres con capacidade superior a 25 vehículos, sempre e cando acrediten que prestan servicios permanentes de urxencia.

b) Garaxes privados ou de comunidades de propietarios con máis de 10 vehículos.

c) Edificios ou instalacións de equipamento comunitario de carácter sanitario: hospitais, ambulatorios, ...

d) Gasolineiras, estacións de servicio, venda de carburantes, ...

e) Aparcamentos de promoción pública, nos términos indicados no documento concesional.

f) Edificios destinados a .organismos oficiais, cando a natureza deste o esixa.

Artigo 5.- Nos casos non previstos no artigo anterior poderase outorgar pasaxe permanente, nos supostos no que o informe técnico sexa favorable, atendendo á actividade realizada, á situación, á intensidade do tráfico e, en xeral, á utlidade da instalación, sendo o seu outorgamento facultade da Alcaldía.

Artigo 6.- Outorgarase a pasaxe laboral nas seguintes actividades:

a) Talleres con capacidade inferior a 25 vehículos ou que, aínda tendo capacidade superior, xustifiquen que non prestan servicio permanente de urxencia.

b) Obras de construcción derruba, reforma e reparación de edificios.

c) Alamacéns de empresas que tañan espacios suficiente para a carga e descarga de mercancías.

d) Concesionarios de automóbiles, compravenda de vehículos usados e aluguer sen conductor.

e) Outras actividades de características análogas.

Artigo 7.- 0 horario laboral establécese, con carácter xeral, de 9:00 a 20:00 horas, coa excepción de domingos e festivos.

Deberán respectarse en todo caso as zonas e horarios peonís.

Exepcionalmente poderán autorizarse outros horarios de pasaxe laboral, distin­tos 6 xenérico; sempre que se xustifique a autorización deste pola Comunidade Autónoma.

 Artigo 8.- Non constitúen licencias de reserva de espacio ou pasares, as autorizacións de carácter temporal que supoñan ocupación de vía pública e que serán tramitadas e autorizadas como tales nos seguintes supostos:

a) Servicio de mudanzas.

b) Formigón e bombeo.

c) Vehículos de exposiciónz

d) Descarga de gasóleos, butano, etc.

e) Outros usos extraordinarios.

Capítulo III: Outorgamento de licencias.

Artigo 9.- Poderán solicitar licencia de pasaxe.

Os propietarios ou posuidores lexítimos dos inmobles, ós que aquel haxa de permitilo acceso, así como os promotores ou contratistas nos supostos de obras.

As instancias que conteñan a solicitude deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello, debendo estalo peticionario en posesión da licencia de ocupación do local ou presentar certificado de seguridade e solidez expedido por técnico competente, ó que se refire o artigo 2° da presente Ordenanza, e deberán presentar plano de situación a escala 1/2000 e plano de planta a escala 1/50, emprazamento, número, de vehículos e dimensións do local. Cando as prazas superen o número de cinco deberase xustificalo cumprimento da NBE-CPI 96.

As instancias deberán ser reintegradas cos dereitos que sinale a correspondente licencia municipal fiscalizadora do prezo público. 

Artigo 10.­

a) A petición deberá ser polos técnicos municipais.

b) A competencia para o outorgamento e licencia será exercida polo Sr. Alcalde.

c) A licencia outórgase sen duración específica, debendo ser renovada anualmente tralo aboamento das taxas correspondentes.

d) A licencia outórgase en precario, se prexuízo do dereito de propiedade e de terceiro, podendo ser deixadas, se houbese causa motivada, sen efecto, en calquera momento. 

Capítulo IV: Características da instalación sínalización.

Artigo 11.- 0 outorgamento da licencia de pasaxe esixirá a instalación, no exterior do inmoble, da seguinte sinalización, que deberá asumila o titular da licencia:

a) Instalación na porta, fachada ou construcción e que se trate, un disco de detención ou estacionamento axustado ó modelo oficial, que será facilitado polo Iltmo. Concello tralo aboamento das taxas correspondentes.

b) A placa deberá conter obrigatoriamente as seguintes características:

- Denominación da pasaxe: permanente ou laboral.

- Nos supostos de pasaxe laboral deberá indicarse o horario, ben o xenérico ou o que a Comunidade Autónoma autorice para cada actividade.

c) A instalación dunha rampla metálica na beirarrúa ou rebaixe do bordo, será pintado con cor amarela. 

Artigo 12.- Será por conta do propietario o mantemento da instalación e as beirarrúas nas debidas condicións, así como os desperfectos que se ocasionen na beirarrúa.

Capítulo V: Dereitos do titular da licencia.

Artigo 13.- 0 titular da licencia ten o dereito fundamental de acceder e saír co seu vehículo do inmoble ou da obra, podendo solicitalos servicios da Policía Local se no acceso existe algún impedimento ó vehículo, sempre que iso ocorra no horario autorizado. 

Capítulo VI: Suspensión e renovación das autorizacións. 

Artigo 14.- 0 Concello poderá suspender, por razóns de tráfico, obras na vía pública (ou outras circunstancias extra­ordinarias), para os efectos da licencia con carácter temporal. 

Artigo 15.- As licencias poderán ser revocadas pola autoridade que as dictou, nos seguintes casos:

a) Por estaren destinadas a un fin distinto para o que foron outorgadas.

b) Por non aboaren a taxa anual.

c) Por incumprilas condicións relativas ós horarios ou carecer de sinalización adecuada.

d) Por causas motivadas relativas ó tráfico ou circunstancias da vía pública. 

Artigo 16.- A revocación requirirá previa notificación ós interesados, notificándolles, trala resolución, un prazo de audiencia de quince días no expediente para que acheguen cantas alegacións consideren procedentes ó seu dereito. 

Artigo 17.- A revocación dará lugar á obriga do titular de retirala sinalización e rampla ou rebaixe do bordo, coa entrega do disco ó Concello e, en caso de desobediencia, poderse facer uso da execución subsidiaria pola Administración municipal á súa costa, nos términos previstos no artigo 98 da LRXPA, que dispón o seguinte:

1.- Haberá lugar á execución subsidiaria cando se trate de actos que, por non seren personalísimos, poidan ser realizados por suxeito distinto do obrigado.

2.- Neste caso as administracións públicas realizarán c acto por si ou a través de persoas que determinen, a custa do obrigado.

3.- 0 importe dos gastos, danos e préxuízos esixirase conforme 6 disposto no artigo anterior.

4.- 0 dita importe poderá liquidarse de forma provisional e realizarse, antes da execución, a reserva da liquidación defi­nitiva".    

Igualmente farase uso da execución subsidiaria nos supostos de que se ocasionen desperfectos na beirarrúa que non os emenden voluntariamente polo causante.

Disposición transitoria.

As licencias outorgadas con anterioridade á entrada en vigor da presente ordenanza consideraranse con plena validez.

Disposición derrogatoria.

Derrogarase o artigo 17 da Ordenanza de circulación da vila de Ribadavia.

Dilixencia- Para facer constar que a ordenanza foi aprobada polo lltmo. Concello Plenoa na súa sesión ordinaria do día 29 de xuño de 1998, e que estivo exposta ó público segundo o anuncio publicado no BOP n° 159 do 13 de xullo de 1998.

Ribadavia, 24 de setembro de 1998.­0 ALCALDE.

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es