| ORDENANZA Nº |
12 |
| Aprobación Pleno |
|
| Publicación BOP |
|
ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACION DE TERREOS DE USO PUBLICO CON MESAS E CADEIRAS CON FINALIDADE LUCRATIVA
Artigo 1º. Fundamento e natureza
De conformidade co previsto no artigo 20.A) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (TRLFL), este Concello establece a tasa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público consistente na ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa, a que se refire o art.20.3.l) do TRLFL, e que se rexerá pola presente Ordenanza.
Artigo 2º. Feito impoñible.
Constitue o feito impoñible a ocupación de terreos de uso público local con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.
Artigo 3º. Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as personas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refireo art. 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria a favor das que se outorguen as licencias, e os que carecendo da oportuna autorización se benefcien do aproveitamento.
Artigo 4º. Base impoñible.
A base impoñible estará constituida polo número de metros cuadrados de superficie de dominio público ocupado polas mesas e cadeiras. Considerase 1 metro cadrado igual ao espazo ocupado por unha mesa con catro cadeiras, en adiante unidade de ocupación (UO). No caso de que a ocupación real da mesa e catro cadeiras sexa superión ao metro cadrado que se espifica a ocupación sera medida en metros cadrados ocupados realmente e esta ocupación non poderá superar a que se autorice na correspondente licenza para ocupalo o dominio público local. O incremento sobre o autorizado na licenza, no caso de que sexa autorizable, dará orixe á liquidación adicional que corresponda.
Artigo 5º. Cota tributaria.
CONCEPTO |
IMPORTE |
Tarifa estival (período maio-setembro) |
Tarifa rúas de 1ª categoría |
Ocupación por unidade de ocupación (m2) e día |
0,60 € |
Tarifa rúas de 2ª categoría |
Ocupación por unidade de ocupación (m2) e día |
0,40 € |
Resto do ano |
Tarifa rúas de 1ª categoría |
Ocupación por unidade de ocupación (m2) e día |
0,40 € |
Tarifa rúas de 2ª categoría |
Ocupación por unidade de ocupación (m2) e día |
0,30 € |
Serán rúas de 1ª categoría a Praza Maior e rúa García Penedo e de 2ª categoría, rúa Progreso, rúa Ribeiro e as restantes rúas da Vila.
Artículo 6.
As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realizalos aproveitamentos sobre o dominio público local a que fai referencia a presente Taxa, deberán presentar solicitude acompañada de detalle das unidades de ocupación que vai a instalar e da súa situación dentro do término municipal.
Artículo 7º.
Con carácter xeral, a licencia para a instalación de mesas e caderias limitarase a autorizala a ocupación da zona da vía pública que confronte coas fachadas dos locais cuia titularidade corresponda aos solicitantes daquelas.
Unha vez autorizada a licencia de ocupación do dominio público practicarase a liquidación tributaria correspondente, que será notificada ao suxeito pasivo. Cando esta sexa aboada, entregaraselle unha tarxeta identificativa da licenza autorizada, na que se especificará o número máximo de unidades de ocupación autorizadas, que deberá expoñerse en lugar visible do local, aos efectos de facilitar o control, polo servizo de Policía Local das licenzas concedidas e que estean ao corrente de aboamento da taxa.
Artículo 8º.
Será requisito indispensable para o outorgamento da licenza de instalación de mesas e cadeiras na vía pública que o local ou establecimento dispoña da preceptiva licenza municipal de apertura.
Naqueles locais ou establecementos cuia licenza de apertura autorice o funcionamento de aparatos ou instalacions musicais e que, a sua vez, dispoña de autorización para a instalación de mesas e cadeiras, deberá garantizarse que o establecemento mantén os niveis de emisión de ruído permitido, podendo noutro caso, ser esta circunstancia determinante da revocación da licenza de ocupación da vía pública.
Artículo 9º.
As licencias para a instalación de mesas e cadeiras solo serán transmisibles no caso de cambio de titularidade da licencia de apertura do local ou establecimento, sempre e cando o antigo ou o novo titular comuniquen dita circunstancia ao Concello, sen a cal quedarán ambolos dous suxeitos a todas as responsabilidades que se derivasen para o titular.
Artículo 10º.
As autorizacións que se concedan supoñen un aproveitamento privativo e especial do dominio público local, polo que se entenderán outorgadas a título de precario e quedarán sin efecto cuando a xuízo da Autoridade municipal concurran razóns de interés público ou urbanísticas, sen que os titulares teñan dereito a esixir indemnización alguna.
Artículo 11º.
As autorizacións cesarán e quedarán sen efecto, sen prexuízo das sancións a que houbera lugar, cando os titulares das mesmas non cumpran as condicións a que estiveran subordinadas ou non estean ao corrente de aboamento da taxa correspondente, requisito que de non cumprirse será motivo de cese automático da autorización da ocupación.
Artículo 12º.
As mesas e cadeiras deberán conservarse sempre en perfecto estado de estética e hixiene e os titulares das autorizacións, deberán realizar naquelas as reparacións necesarias para elo tan pronto como sexan requeridos pola Autoridade Municipal, supoñeendo o seu incumprimento a sanción que sea procedente e, en caso de reiteración, a revocación da licencia.
Artículo 13º.
O mobiliario utilizado nestas instalacións deberá ser acorde coas características urbanas da zona onde se ubiquen, quedando expresamente prohibida cuaquer tipo de publicidade nas mesas, cadeiras, parasoles ou similares.
En todo caso, o Concello poderá esixir que o mobiliario se axuste a determinadas características estéticas e de uniformidade entre os diversos establecementos, en consonancia coa realidade arquitectónica do entorno. Estas características poderán ser esixidas tanto ás instalacións novas como as xa autorizadas.
Artículo 14º.
As instalacións que se autoricen estarán suxeitas ao seguinte horario, de 9 horas da mañá a 2 horas do día seguinte.
En todo caso, o horario de mesas e cadeiras non poderá exceder do horario de peche previsto para o establecemento .
Artículo 15º.
Ao remate do horario autorizado, as instalacións deberán ser retiradas da vía pública, a cuio fin os titulares das autorizacións avisarán delo, coa antelación suficiente, aos usuarios das mesmas, non podendo usalos soportais, naquelas zonas nas que estes existan, como almacén das mesmas.
Os titulares das concesións están obrigados a limpeza do espazo público que ocupan diariamente.
Artículo 16.
Non se permite aos particulares a ocupación da vía pública con máquinas expendedoras de refrescos, tabacos, xogos infantis, vídeo xogos e máquinas recreativas, salvo as autorizaciós aos feirantes con motivo das festas.
Artículo 17.
Sin prexuízo da sanción que en cada caso, corresponda, o Concello poderá dispor o desmontaxe ou retirada dos elementos con reposición do estado da vía pública ao momento anterior a súa instalación.
Artículo 18.
As ordes de retirada ou desmontaxe deberán cumprirse polos titulares nun prazo máximo de 5 días, transcurrido o cal, os servicios municipais poderán proceder a retirar ditos elementos que quedaran depositados en almacens municipais, sendo a cargo do titular todolos gastos que se orixinen.
Artículo 19
Sen prexuízo do anterior, poderán ser retiradas as instalacións de forma inmediata, sin necesidade de aviso previo, e sendo a cargo do titular responsable os gastos que se orixinen e sen prexuízo das responsabilidades, que pudieran corresponderlles, cando se dé algunha destas circunstancias:
1. Cando a instalación do elemento resulte anónima
2. Cando, a xuizo dos Servicios Técnicos Municipais, ol elemento ofrezca perigro para o tráfico peatonal ou rodado, a usuarios pola súa deficiente instalación ou produzca ruidos que sobrepasen os límites permitidos na la Ordenanza Municipal.
Artigo 20. Infraccións e sancións.
A |
Por elementos de mobiliario urbano sin autorización ou contra o autorizado 150,25 €/día |
LEVE |
B |
Falta de acreditación da licencia de instalación 150,25 € |
LEVE |
C |
Mesas sen autorización 150,25 € mesa/día |
LEVE |
D |
Incumprimento de horario 150,25 €/día |
LEVE |
E |
Exceso de mesas 150.25 € mesa/día |
LEVE |
G |
Incumprimento na limpeza do espazo de ocupación 150,25 € |
LEVE |
h |
Publicidade en mesas, cadeiras, sombrillas ou similares 150,25 € |
LEVE |
I |
Falta de estética ou ornato das instalacións 150,25 € |
LEVE |
J |
Negativa de acceso ou a obstaculización do exercicio das inspeccións ou controis, regramentarios, estabrecidos conforme ao disposto na Lei Orgánica 1/92 en locales ou establecimentos, e o incumprimento das medidas correctoras 450,76 € |
GRAVE |
Para todo o relativo á calificacióndas infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Disposición derradeira
A presente Ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo Pleno da Corporación na sesión celebrada _____. Se non se presentan reclamacións enténdese aprobada definitivamente.Comezará a aplicarse a partir do primeiro de xaneiro do ano dous mil dez, e aplicarase mentres non se acorde a súa derrogación ou modifcación
|