Pleno 30 de Outubro 2003
BOP 23 de Decembro 2003
Capítulo I.- Disposicións xerais.
Artigo 1.
A presente ordenanza díctase seguindo as facultades concedidas polos artigos 25, en relación co 84 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en relación co preceptuado nos artigos 199 e 9 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, art. 24 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disiciplina urbanística de Galicia, e 1 e 10 do Real decreto 2187/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística, decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de servicios das corporacions locais, art.80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Artigo 2.
Esta ordenanza ten natureza de ordenanza de policía urbana e rural e de prevención de incendios, non ligada a unhas directrices de planeamento concreto, por estar referida a aspectos de salubridade de seguridade e puramente técnicos.
Artigo 3
Para os efectos desta ordenanza terán a consideración de núcleos urbanos os terreos que o planeamento urbanístico de aplicación directa (Normas subsidiarias de planeamento municipal ou Plano Xeral de Ordenación Municipal) clasifiquen como tales os que reúnan as condicións que sinala o artigo 11 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Artigo 4
Terán a consideración de núcleos rurais os terreos que se inclúan no ámbito dos núcleos rurais delimitados no planeamento municipal ou que teña a consideración de tales de acordo coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Artigo 5
Para os efectos desta ordenanza terán a consideración de soares as superficies de solo urbano aptas para a edificación que reúna os requisitos establecidos no artigo 16 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Artigo 6
Por predio rústico entenderase as superficies de terreos que o planeamento urbanístico clasifica como tales, e definido no artigo 15 da precitada Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Capítulo II. Da limpeza de terreos e soares.
Artigo 7
O alcalde, ou concelleiro no que delegue, dirixirá a policía urbana, rural e sanitaria, e exercerá a inspección dos predios, parcelas, obras e as instalacións do termo municipal de Ribadavia, para comproba-lo cumprimento das condicións esixibles.
Artigo 8
Queda prohibido tirar lixo ou residuos sólidos en soares,espacios libres de propiedade pública ou privada e predios rústicos.
Artigo 9
1.-Os propietarios de toda clase de terreos e construccións deberán mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, e de acordo coas normas de protección ó medio ambiente, do patrimonio histórico e da rehabilitación, quedándolles expresamente prohibido manter neles lixo, residuos sólidos urbanos ou entullos e maleza.
2.-Cando pertenza a unha persoa o dominio directo dun terreo ou construcción e a outra o dominio útil, a obrigación recaerá sobre aquela que teña o dominio útil.
Artigo 10
1.-O alcalde ou o seu delegado,de oficio ou a solicitude de persoa interesada, iniciará o procedemento poñendo en coñecemento do propietario ou propietarios do terreo, urbanización, edificación ou instalación, e tralo informe dos servicios técnicos e con audiencia os interesados, dictará resolución na que sinalará as deficiencias, ordenará as medidas precisas para corrixilas e fixará un prazo para a súa execución.
2.-Transcorrido o prazo concedido sen que os obrigados a iso executaran as medidas precisas, o alcalde ordenará a incoación do procedementeo sancionador.
3.-Na resolución, ademais, requirirase ó obrigado ou o seu administrador para que proceda á execución da orde efectuada que, de que non a cumprir, a levará a cabo o Concello a cargo do obrigado, o que se lle cobrará a través do procedemento
recadatorio en vía executiva.
Capítulo III
Das medidas de prevención contra incendios forestais.
Artigo 11
1.-Nos núcleos urbanos e rurais queda prohibido plantar árbores, agás plantar árbores illados con fins ornamentais, ou pequenos grupos que non ocupen unha superficie superior a 50 metros.
2.-Establécese, como medida preventiva, unha franxa de protección contra incendios forestais de 50 metros, contados a partir da liña delimitadora do núcleo ou, de se-lo caso, das edificacións exteriores deste, que deberán estar libres de maleza ou de calquera outro material que facilite a propagación do lume.
Artigo 12
As plantacións de árbores que se leven a cabo, unha vez que estea en vigor a presente ordenanza , deberán gardar unha distancia mínima de protección de 75 m coa liña delimitadora dos núcleos, tanto rurais como urbanos.
Artigo 13
Os propietarios ou administradores das plantacións de árbores, existentes á entrada en vigor desta ordenanza, deberán realizar labouras de limpeza de maleza e de calquera material que facilite a propagación do lume dentro dunha liña de protección contra incendios forestais de 150 m, contados a partir da liña de delimitación dos núcleos urbanos ou rurais.
Artigo 14
Haberá que aterse ó disposto no artigo 10 desta en canto á prohibición de realizar novas plantacións deste tipo de árbores dentro da franxa de protección, unha vez realizada a corta deárbores dunha plantación.
Artigo 15
1.-O alcalde ou o seu delegado,de oficio ou a solicitude de persoa interesada, iniciará o procedemento poñendo en coñecemento do propietario ou propietarios dos predios, tanto urbanos como rústicos e tralo informe dos servicios técnicos e con audiencia os interesados, dictará resolución na que sinale as deficiencias, ordene as medidas precisas para corrixilas e fixe un prazo para a súa execución.
2.-Transcorrido o prazo concedido sen que os obrigados a iso executasen as medidas precisas, o alcalde ordenará a incoación do procedemente sancionador.
3.-Na resolución, ademais, requirirase ó obrigado ou o seu administrador para que execute a orde efectuada que, de non cumprila, a levará a cabo o Concello a cargo do obrigado, que se lle cobrará a través do procedemento recadatorio en vía executiva.
Capítulo IV. Infraccións e sancións.
Artigo 16
Constitúe infracción desta ordenanza as accións ou omisions que vulneren as precisións contidas nesta ordenanza.
a) Non cumpri-la orde de execución das obras para mante-los terreos, urbanización de iniciativa particular e edicións ou instalacións en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, e de acordo coas normas de protección ó medio ambiente, do patrimonio histórico e da rehabilitación, tal como dispón o artigos 9 e 199 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanistica e protección do medio rural de Galicia, 24 do Regulamento de disciplina urbanística, aprobado polo Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, e artigo 10 do Regulamento de disciplina urbanística, aprobado polo Real decreto 2187/1978, declarado vixente polo Real decreto 304/1993, do 26 de febreiro.
b) Non respecta-las medidas preventivas de protección contra incendios forestais, incumprindo o deber de manter libre de maleza ou de calquera outro material que facilite a propagación do lume, dentro das distancias de seguridade sinaladas nesta ordenanza.
c) Realizar novas plantacións de árbores coníferas dentro da franxa de protección fixada nesta ordenanza.
Artigo 17
1.-As infraccións ás que se refiere o artigo anterior serán sancionados cunhas multas coercitivas que oscilan entre os 150,29 e 300,06 euros.
1. As infraccións a esta ordenanza clasificaranse en moi graves, graves e leves.
1.1.a) Son infraccións moi graves as accións e omisións que constitúan incumprimento das normas que afecten a salubridade e seguridade de terreos e edificiacións, asi como o incumprimento das medidas de prevención contra incendios forestais sinaladas nesta ordenanza durante os meses de verán, que supoñan un risco grave contra a seguridade de persoas ou bens en caso de incendio.
1.1.b) Son infraccións graves as accións e omisions que constitúan incumprimento das normas que relativas a seguridade, salubridade ou ornato, se afectan levemente a salubridade e/ou seguridade de personas ou bens, así como as medidas de prevención contra incendios forestais sinalados nesta ordenanza, que supoñan un risco evidente contra a seguridade de persoas ou bens en caso de incendio, e a nova plantación de árbores dentro da franxa de protección fixada nesta ordenanza.
1.1.c) Consideranse infraccións leves as infraccións a esta ordenanza que non teñan o carácter de moi graves ou graves.
2.-En ningún caso poderá o Concello deixar de adopta-las medidas tendentes a restaura-la orde urbanística vulnerada así como a facer efectivas as medidas de prevención e protección contra incendios forestais, polo que poderá proceder, tralo
apercibimento, á execución forzosa, por medio da execución subsidiaria realizando os correspondentes actos, por si ou a través das persoas que determine, á custa do obrigado.
Artigo 18
No incumprimento das ordes de execución por razóns de salubridade e hixiene ou ornato, alleas ó cerramento ou valado e medidas preventivas contra incendios forestais, serán responsables as persoas que teñan o dominio útil.
Artigo 19
O órgano competente para a resolución do procedemento sancionadoré o Alcalde, conforme co que dispón o artigo 21.1.k) da Lei 7/1985, do 2 abril, reguladora das bases de réxime local, sen prexuízo das facultades de desconcentración na Comisión de Goberno ou nun concelleiro.
Artigo 20
A potestade sancionadora exercerase mediante o procedemento establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 agosto.
Artigo 21
Para gradua-las multas atenderase primordialmente á gravidade
da materia, á entidade económica dos feitos constitutivos
de infracción, á reiteración por parte da persoa responsable e ó grao de culpabilidade de cada un dos infractores.
Artigo 22
Sancións por faltas moi graves.
Sancionaranse con multa de 1.803,04 a 3.005,06 euros:
a) As infraccións a esta ordenanza que afecten á salubridade e seguridade de terreos, edificacións e instalacións, así como as medidas de prevención contra incendios forestais sinaladas nesta ordenanza durante os meses de verán, que supoñan un risco grave contra a seguridade de persoas ou bens en caso de incendio.
b) O incumprimento reiterado das ordes de execución dictadas para emendar infraccións cualificadas como graves.
Artigo 23. Sancións por faltas graves:
Sancionaranse con multa de 601,03 a 1.803,09 euros.
a) As infraccións a esta ordenanza que constitúan incumprimento das normas que afecten ó ornato de predios se afectan levemente á salubridade e/ou seguridade de persoas ou bens, así como as medidas de prevención contra incendios forestais sinaladas nesta ordenanza, que supoñan un risco considerable contra a seguridade de persoas ou bens en caso de incendio, e a nova plantación de coníferas dentro dos núcleos urbanos ou rurais así como na franxa de protección fixada nesta ordenanza.
b) O incumprimento reiterado das ordes de execución dictadas para emendar infraccións cualificados como infraccións leves.
Artigo 24
Sancións por faltas leves: sancionaranse con multa de 150,25 a 601,01 euros as infraccións a esta ordenanza que constitúan incumprimento das normas que non teñan o carácter de moi graves ou graves.
Capítulo V. Recursos
Artigo 25
Contra as resolucións da Alcaldía ou órgano competente, nas que se plasmen as ordes de execución que poña fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo.
Disposición adicional
As distancias de seguridade e prevención contra incendios forestais que se prevén nesta ordenanza non serán de aplicación ás edificicacións situadas nos viveiros forestais.
Disposición final
A presente ordenanza, que consta de 25 artigos unha disposición adicional e unha final, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente polo Concello e publicado o seu texto no BOP, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
Ribadavia, 17 de decembro de 2003. O alcalde.
|