Castelo
Inicio->ordenanzas fiscais->ICIO
O Concello
Enlaces

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE INSTALACIONS, CONSTRUCCIONS E OBRAS.

Pleno 29 de Xullo de 2004

BOP de 5 de Outubro de 2004

O abeiro das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, así mesmo, co establecido nos artigos 15 e seguintes, así como do Título II e artigos 102 a 104, todos eles da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais na súa redacción dada pola Lei 51/ 2002, do 27 de decembro, de modificación de dita norma, regúlase mediante a presente Ordenanza fiscal o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

Artigo 1º. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible do Imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para as que se esixa a obtención da licencia de obras ou urbanística correspondente, obtivérase ou non esta licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.

2. As construccións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:

A) Obras de construcción de edificacións e instalacións de calquera tipo de nova planta.

B) Obras de demolición.

C) Obras en edificios, tanto as que modifiquen a súa disposición interior como as que modifiquen o seu aspecto exterior.

D) Aliñacións e rasantes.

E) Obras de fontanería e de rede de sumidoiros.

F) Movementos de terra tales como desmontes explanacións, escavacións, terrapléns, obras de peche de solares ou terreos, vallas e estadas.

G) Calquera outras construccións, instalacións ou obras que requiran licencia de obra ou urbanística.

Artigo 2º. Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realiza aquela.

Os efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2. No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen solicite a correspondente licencia ou quen realice as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

3. Os suxeitos pasivos que residan no estranxeiro durante mais de seis meses de cada ano natural, estarán obrigados a designar un representante con domicilio en territorio español, os efectos das súas relacións coa Facenda Pública.

Artigo 3º. Responsables.

1. Responden solidariamente das obrigacións tributarias todas as persoas que sexan causantes dunha infracción tributaria ou que colaboren na súa comisión.

2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 36 da Lei xeral tributaria responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigacións tributarias destas entidades.

3. No caso de sociedades o entidades disoltas e liquidadas, as súas obrigacións tributarias pendentes transmitiranse os socios ou partícipes no capital que responderán delas solidariamente e ata o límite do valor da cota de liquidación que se lles adxudicase.

4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei xeral tributaria.

5. As débedas por este Imposto serán esixibles as persoas físicas e xurídicas que sucedan o debedor no exercicio das explotacións e actividades económicas.

Artigo 4º. Exencións.

Están exentos do pago do Imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra das que sexan propietarios o Estado, as Comunidades Autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitos ó imposto, vaian a destinarse directamente a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e as súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto si se trata de obras de nova inversión como de conservación.

Artigo 5º. Base impoñible.

A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e entendese por tal, a estes efectos, o custo de execución material de aquelas.

Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

Artigo 6º. Tipo de gravame e cota.

1. O tipo de gravame será o 2,6 por 100.

2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3. Establecense como cotas mínimas as seguintes:

Obras de nova planta, 90 euros.

Obras menores, 42 euros.

Estas cotas mínimas serán de aplicación cando as cotas resultantes consonante co apartado primeiro deste artigo sexan inferiores as fixadas como mínimas.

Artigo 7º. Bonificacións.

1. Concedese unha bonificación do 50 por 100 a favor das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas o de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da Corporación e se acordará, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.

2. Concederase unha bonificación do 50 por 100 a favor das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación a que se refire o punto anterior.

3. Concederase unha bonificación do 90 por 100 a favor das construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso, habitabilidade e adaptabilidade da vivenda dos discapacitados. A bonificación prevista neste punto aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren as letras anteriores.

Artigo 8º. Percibo do imposto.

A natureza xurídica do Imposto nacera no momento de iniciarse a construcción, a instalación ou a obra, aínda que non se obtivese a licencia correspondente.

Artigo 9º. Réxime de declaración e de ingreso.

1. O solicitante dunha licencia para realizar as construccións, instalacións ou obras enumeradas no artigo 1º, punto 2, de esta Ordenanza deberá presentar no momento da solicitude o proxecto e o presuposto de execución estimado.

2. Esixirá o aboamento previo do importe da cota tributaria do imposto, polo que cando presente a solicitude de licencia deberá acreditar constituir na Tesoureria municipal o ingreso (en metálico ou ben mediante transferencia bancaria). Declararase obrigación tributaria formal a presentación previa do presuposto da obra.

3. O suxeito pasivo realizará autoliquidación deste imposto en impreso regulamentario e ingresará o seu importe na Tesoureria municipal (ben en metálico ou mediante transferencia bancaria) no momento de solicita-la licencia, determinandose a base impoñible:

a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que este estivese visado polo Colexio Oficial correspondente.

b) Noutro caso a base impoñible a determinarán os técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.

4.No caso de que a correspondente licencia sexa denegada, os suxeitos pasivos teran dereito a devolución da cotas satisfeitas en concepto de Imposto de Construccións, Instalación e obras.

5. Unha vez terminadas e a vista das construccións,instalacións ou as obras realizadas e do custo real efectivo, o Concello, mediante a comprobación administrativa correspondente, poderá modificar, se procede, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo o ingreso da diferencia entre a liquidación provisional e a definitiva ou reintegraralle, se procede, a cantidade que corresponda.

6. Cando non tendo solicitado licencia preceptiva e sendo denegada se inicie a construcción, instalación ou obra, así mesmo esixirá o imposto de acordo co disposto nos apartados anteriores. Para iso o Servicio de Urbanismo do Concello remitiralle as dependencias municipais de recadación a relación de construccións, instalacións ou obras iniciadas ou realizadas sen licencia xunto coa valoración deste co fin de que esta proceda á incoación das correspondentes actas de inspección.

7. O ingreso das liquidacións, provisional e definitiva, se efectuará nas oficinas do Concello ou entidades colaboradoras da recadación (ben en metálico ou transferencia bancaria) nos prazos fixados polo Regulamento xeral de recadación.

Artigo 10º. Comprobación e investigación.

1. A inspección e a comprobación do imposto realizaranse de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

2. En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e á determinación das sancións que lles correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a desenvolven.

3. Os efectos previstos neste apartado considerarase de especial transcendencia para a xestión do imposto a presentación das declaracións esixidas pola normativa vixente e recollidas nesta Ordenanza.

Artigo 11º. Data de aprobación e vixencia.

Esta Ordenanza fiscal, cunha redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 29 de xullo de 2004, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Disposición adicional.

As modificacións producidas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado ou por calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento de este Imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta Ordenanza".

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es