Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas
O abeiro das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, así mesmo, co establecido nos artigos 15 e seguintes, asícomo no Título 11 e artigos 79 e seguintes, todos el es da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na súa redacción dada pola Lei 51/2002, do 27 de decembro, de modificación de dita norma, regúlase mediante a presente Ordenanza fiscal o Imposto sobre Actividades Económicas.
Artigo 1°. Feito impoñible.
1. O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo municipal directo de carácter real, o feito impoñible do cal está constituído polo mero exercicio, no territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas que non estean exentas, tanto se se exercen nun local determinado como se non, se atopen ou non especificadas nas tarifas do imposto.
2. Os efectos deste imposto, considéranse actividades empresariais as da gandería independente, as mineiras, industriais, comerciais e de servicios. Polo tanto, ,non teñen esta consideración, as actividades agrícolas, as gandeiras dependentes, as forestais e as pesqueiras
Artigo 2°. Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos as persoas físicas
ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria sempre que realicen en territorio nacional calquera das actividades que orixinen o feito impoñible.
Artigo 3°. Responsables.
1. Responden solidariamente das obrigas tributarias tódalas persoas que sexan causantes dunha infracción tributaria ou que colaboren na súa comisión.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias destas entidades.
3. No caso de sociedades ou entidades disoltas e liquidadas, as súas obrigas tributarias pendentes transmitiranse ós socios ou partícipes no capital, que responderán das mesmas solidariamente e ata o límite do valor da cota de liquidación que se lles adxudicara.
4. A responsabilidade esixiráse en todo caso nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei xeral tributaría.
Artigo 4°. Exencións.
l. Están exentos do imposto:
a) O Estado, as Comunidades Autónomas e as entidades locais, así como os Organismos autónomos do Estado, e as entidades de dereito público de análogo carácter das Comunidades Autónomas e das entidades locais.
b) Os suxeitos pasivos que inicien o exercicio da súa actividades no territorio español, durante os dous prímeiros períodos impositivos deste imposto en que se desenvolva a mesma.
c) Os seguintes suxeitos pasivos:
- As persoas físicas.
- Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades, as sociedades civís e as entidades do artigo 33 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a un millón de euros.
Os efectos da aplicación da exención prevista neste paragrafo teranse en conta as regras que se conteñen no artigo 83 da Lei 39/1988.
d) As Entidades xestoras da Seguridade Social e as Mutualidades de Previsión Social reguladas pola Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados.
e) Os organismos públicos de investigación, os establecementos de ensino en tódolos seus graos costeados integramente con fondos do Estado, das Comunidades Autónomas ou das entidades locais, ou por fundacións declaradas benéficas ou de utilidade pública, e os establecementos de ensino en tódolos seus graos que, carecendo de ánimo de lucro, estiveran en réxime de concerto educativo.
f) As asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro, polas actividades de carácter pedagóxico, científico, asistencial e de emprego que para o ensino, educación, rehabilitación e tutela de diminuídos que realicen.
g) As fundacións e asociacións para o exercicio dáquelas actividades que constitúan o seu obxecto social ou finalidade específica, non supoñan competencia desleal e os seus destinatarios sexan unha colectividade xenérica de persoas. A tal efecto estarase ó establecido na Lei 50/2002, do 26 de decembro, de fundacións e na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ó mecenado.
h) A Cruz Vermella.
i) Os suxeitos pasivos ós que lles sexa
de aplicación a exención en virtude de tratados ou convenios internacionais.
2. As exencións reguladas nas letras b), e) e f) do apartado anterior terán carácter rogado e concederanse, cando proceda, a instancia de parte.
3. As exención s de carácter rogado que sexan solicitadas antes de que sexa firme a liquidación con-espondente terán efectos desde o inicio do período impositivo a que se refira a solicitude, sempre que na data da obriga de contribuír do tributo concorreran os requisitos legalmente esixibles para o goce da exención.
Artigo 5°. Cota tributaria.
A cota tributaria será a resultante de
aplicar as tarifas do imposto, incluído o elemento superficie, o coeficiente de ponderación determinado en función do importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo e o coeficiente que pondere a situación física do local onde se realiza a actividade regulados nos artigos 6 e 7 da presente Ordenanza.
Artigo 6°. Coeficiente de ponderación en función da cifra de negocios.
De acordo co artigo 87 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, sobre as cotas municipais fixadas nas tarifas do imposto aplicarase, en todo caso, un coeficiente de ponderación, determinado en función do importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo, de acordo co seguinte cadro:
Importe neto da cifra de negocios
(euros); coeficiente
Desde:
- 1.000.000,00 ata 5.000.000,00; 1,29
- 5.000.000,01 ata 10.000.000,00;
1,30
- 1O.000.000,ü1 ata 50.000.000,00;
1,32
- 50.000.000,01 ata 100.000.000,00;
1.33
Máis de 100.000.000,01; 1,35
Sen cifra neta de negocio; 1,31
Os efectos da aplicación do coeficiente a que se refire este artigo, o importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo será o correspondente ó conxunto de actividades económicas exercidas por el e determinaras e de acordo co previsto na paragrafo c) do apartado 1 do artigo 83 da Lei de facendas locais.
Artigo 7°. Coeficiente de situación.
1. Os efectos do previsto no artigo 88
da Lei 39/1988, do 28 de decembro, as vías públicas deste municipio clasifícanse en dúas categorías fiscais.
Categorías das rúas e polígonos:
Categoría 1°: Parque empresarial de
San Cristovo.
Categoría 2°: O resto das rúas e nucleos do municipio de Ribadavia.
2. As vías públicas que non aparezan sinaladas no índice alfubético antes indicado consideraranse de última categoría e permanecerán na antedita calsificación ata o día 1 de xaneiro do ano seguinte a aquel no que o Pleno desta corporación aprobe a categoría fiscal correspondente e aprobe a súa inclusión no índice alfabético de vías públicas.
3. Sobre as cotas incrementadas pola aplicación do coeficiente sinalado no artigo 7° desta Ordenanza, e atendendo ácategoría fiscal da vía pública na que radica fisicamente o local no que se realiza a actividade económica, establécese a seguinte táboa de coeficientes:
Categoría fiscal das vías públicas índice aplicable
Prímeira 0,40
Segunda 1,00
3. O coeficiente aplicable a calquera local ven determinado polo correspondente á categoría da rúa na que teña sinalado o número de policía ou no que se
atope situado o acceso principal.
Artigo 8°. Bonificacións.
Sobre a cota do imposto aplicaran se,
en todo caso, as seguintes bonificacións:
a) O abeiro do que prevé a Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre réxime fiscal de cooperativas, gozaran dunha bonificación do 95 por 100 da cota as cooperativas, as súas unións, federacións e confederacións, así como as sociedades agrarias de transformación.
b) Unha bonificación do 50 por 100 da cota correspondente, para os que inicien o exercicio de calquera actividade profesional, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenvolvemento da mesma. O período de aplicación da bonificación caducará transcorridos cinco anos desde a finalización da exención prevista no paragrafo b) do apartado 1 do artigo 83 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.
c) Unha bonificación por creación de emprego da cota correspondente, para os suxeitos pasivos que tributen pola cota municipal e que incrementen o termo medio do seu cadro de persoal de traballadores por contrato indefinido durante o período impositivo inmediato anterior o da aplicación da bonificación, en relación co período anterior a aquel, de acordo co seguinte cadro:
Ata 2 traballadores, 20%. Ata 4 traballadores, 30%. Ata 7 traballadores, 40%. Máis de 7 traballadores, 50%.
A bonificación aplicaras e á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados a), b) e c) deste artigo.
e) Unha bonificación do 50 por 100 da cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributen pola cota municipal e que produzan enerxía para consumo propio ou a utilicen sen xera-la eles mesmos a partir de instalacións para o aproveitamento de enerxías renovables ou sistemas de coxeneración, ou que realicen as súas actividades industriais, dende o inicio da súa actividade ou por traslado posterior, en locais ou instalacións afastadas das zonas mais poboadas do termino municipal, ou que establezan un plan de transportes para os seus traballadores que teña por obxecto reducir o consumo de enerxía e as emisións causadas polo desprazamento ólugar do posto de traballo e fomentar o emprego de medios de transporte mais eficientes, como o transporte colectivo ou o compartido.
A bonificación aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados a), b), c) e d) deste artigo.
Artigo 9°. Período impositivo e percibo do imposto.
l. O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trata de declaracións de alta, no caso das cales, comprenderá desde a data de inicio da actividade ata o final do ano natural.
2. O imposto percíbese o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irreductibles, excepto cando, nos casos de declaración de alta, o día de inicio da actividade non coincida co ano natural, no caso das cales as cotas calcularanse proporcionalmente o número de trimestres naturais que queden para acabar o
ano, incluído o do inicio do exercicio da actividade.
3. Tamén, e no caso de baixa por cese no exercicio da actividade, as cotas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cese. Con este fin, os suxeitos pasivos poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente os trimestres naturais nos que non se houbese exercido a actividade.
4. Tratándose de suxeitos pasivos que figuren dados de alta nalgúns dos epígrafes 833.1, 833.2, 965.1, 965.2 e 965.5 da Sección 1 das Tarifas do IAE, percibirán no mes de xaneiro de cada ano a parte correspondente os metros vendidos ou espectáculos cobrados no exercicio anterior. No caso de cese na actividade, a declaración complementaria haberá de presentarse xunto coa declaración de baixa.
Artigo 10°. Réxime de declaración e de ingreso.
1. É competencia do Concello a xestión tributaria deste Imposto, que comprende as función s de concesión e denegación de bonificación s e exencións, realización das liquiquidacións que conduzan á determinación das débedas tributarias, emisión dos instrumentos de cobro, resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos, resolución dos recursos que se interpoñan contra os anteditos actos, e actuación s para información e asistencia o contribuínte, sen prexuízo das facultades de delegación.
2. Contra os actos de xestión tributaria competencia do Concello, os interesados poden formular recurso de reposición, previo o contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar desde:
- A data da notificación expresa, no caso de liquidacións de ingreso directo.
- A finalización do período de exposición pública do padrón cando o tributo se esixa en tal réxime, por tratarse de exercicios seguintes a aquel no que tivo lugar o alta.
3. A interposición de recursos non paraliza a acción administrativa de cobro, salvo que, dentro do prazo previsto para interpoñelos, o interesado solicite a suspensión da execución do acto impugnado e achegue garantía suficiente.
No obstante elo, en casos excepcionais, o órgano competente pode acordar a suspensión do procedemento, sen presentación de garantía, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de presentala ou demostre de xeito inequívoco que hai erros materiais na liquidación que se impugna.
4. As liquidacións de ingreso directo han de satisfacerse nos períodos fixados polo Regulamento xeral de recadación.
Transcorrido o período voluntario de cobro sen que se realice o ingreso se iniciará a vía de prema e se aplicará o recargo establecido na Lei xeral tributaria.
As cantidades adebedadas reportan interese de demora desde o día seguinte o vencemento da débeda en período voluntario ata o día do seu ingreso, e o antedito interese se aplicará sobre a débeda tributaria, excluído o recargo de prema.
O tipo de interese e o vixente o longo do período en que se perciba, fixado de acordo co disposto no artigo 58.2.c) da Lei xeral tributaria e disposicións legais que resulten de aplicación.
5. Cando o Concello teña atribuídas as competencias en materia de xestión censal, segundo o establecido no artigo 92.1 da Lei 39/1988, o imposto se esixirá en réxime de autoliquidación cos impresos aprobados o efecto pola entidade local.
Artigo 11°. Comprobación e investigación.
Por delegación do Ministerio de Economía e Facenda, o Concello ou Ente en quen este delegase as súas competencias de xestión tributaria exercerá as funcións de inspección do Imposto sobre Actividades Económicas, que comprenderán a comprobación e a investigación, a práctica das liquidacións tributarias que, si cabe, sexan procedentes e a notificación da inclusión, exclusión ou alteración dos datos contidos nos censos, todo elo referido, exclusivamente, os supostos de tributación por cota municipal.
Artigo 12°. Data de aprobación e vixencia.
Esta Ordenanza fiscal, cunha redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 14 de febreiro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2003, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición adicional.
As modificacións producidas poi a Lei
de Presupostos Xerais do Estado ou por calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento deste imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta Ordenanza.
|