Castelo

Inicio->ordenanzas fiscais->Expedición de documentos

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos

Artigo 1 .- Fundamento e natureza: no uso das facultades econcedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que se atén ó prevido no artigo 58 da citada lei.

Artigo 2 .- Feito impoñible: constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.

Para este efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular e redunde no seu beneficio, aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais co Concello, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra as resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou ó aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por taxa municipal ou polos que esixa un prezo público este Concello.

Artigo 3 .- Suxeito pasivo: son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 36 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a tramitación de documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4 .- Responsables:

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 42 e ss. da Lei xeral tributaria.

2.- Serán resposables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5 .- Exencións subxectivas: gozarán de exención aqueles contribuíntes nos que concorra algunha das seguintes circunstancias:

1.- Que foran declarados pobres por precepto legal.

2.- Que obtiveran o beneficio xudicial da pobreza, respecto ós expedientes que deben producir efectos, precisamente, no procedemento xudicial no que foran declarados pobles.

3.- Dos certificados de empadroanamento, convivencia e compulsa de documentos quedarán exentas todas aquelas persoas empadronadas no Concello de Ribadavia e que se atopen en paro, sexan estudiantes ou xubilados, debendo acreditar fehacientemente calquera da circunstancias reseñadas.

Artigo 6 .- Cota tributaria:

1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes para tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2.- A cota da tarifa correspóndelle á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende o seu inicio ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7 .- Tarifa: a tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes conceptos e importes:

Concepto; importe euros.

Certificacións de empadronamento no censo de poboación; 2,72 euros.

Certificados de convivencia e residencia; 2,72 euros.

Certificacións de documentos ou acordos municipais; 6 euros.

Dilixencia de cotexo de documentos; 1,32 euros. Si dita solicitude acompañase máis dun documento, por cada documento, 0,60 euros. Quedarán exentos da taxa, a compulsa de documentos expedidos por esta administración local, así como os que se vaian a presentar nesta Administración Local, ben a instancia do interesado ou por requerimento do Concello.

Demais certificacións; 6 euros.

Informes da Alcaldía; 2,72 euros.

Informes urbanísticos; 24 euros. Dita taxa terá unha bonificación dun 50%, cando o interesado solicite licencia municipal para o inmoble obxecto do informe urbanístico solicitado.

Contratos administrativos; 60 euros.

Calquera outro expediente ou documentos non expresamente tarifado; 12 euros.

Artigo 8 .- Bonificación da cota: non se concederá ningunha bonificación dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 9 .- Nacemento da obriga de contribuír: a taxa é de aplicación e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

Artigo 10 .- Declaración e ingreso:

1.- A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, mediante pagamento en efectivo ou tranferencia bancaria debidamente acreditado nas dependencias da Tesoureria Municipal, ou polo procedemento de selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou neste mesmo, se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.

2.- Os escritos recibidos polos conductos ó que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que non veñan debidamente rentegrados, serán admitidos provisionalmente pero non poderá dárselles curso sen que se enmende a deficiencia, e para tal fin requirirase ó interesado para que no prazo de dez dias aboe as cotas correspondentes, co apercibiemento de que, transcorrido o dito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3.- As certificacións ou documentos que expida a administración municipal en virtude do oficio de xulgados ou tribunais para tódalas clases de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfixera a corresponde cota tributaria.

Artigo 11 .- Infraccións e sancións: en todo o relativo ás infraccións tributarias e á súa cualificación, así como ás sancións que a estas correspondan, aplicaranse as normas da Lei xeral tributaria.

Disposición derradeira.- A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no "BOP", será de aplicación a partir desa data, e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derogación expresa"..

Concello de Ribadavia
Praza Maior 1
32400 Ribadavia (Ourense) Teléfono: 988 477100

concello@ribadavia.es