Capítulo I- FEITO IMPOÑIBLE
Artigo I.º:
1. O feito impoñible das Contribucións especiais estará constituído pola obtención, polo suxeito pasivo,dun beneficio ou dun aumento de valor dos seus bens, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos, de carácter municipal por este Concello.
2. As Contribucións especiais fundaranse na mera realización das obras ou no establecemento ou ampliación dos servizos a que se refire o apartado anterior a súa exacción será independente do feito de que polos suxeitos pasivos sexan utilizadas, efectivamente, unhas ou outros.
Artigo 2.º:
1. Aos efectos do disposto no artigo precedente, terán a consideración de obras e servizos municipais, os seguintes:
a) Os que dentro do ámbito da súa competencia realice ou estableza o Municipio, para atender aos fins que lle estean atribuídos. Exclúense as obras realizadas por el mesmo, a título de propietario dos seus bens patrimoniais.
b) Os que realicen ou estableza o Municipio por seren atribuídos ou delegados por outras Entidades Públicas, así como aqueles cuia titularidade,conforme á Lei, asumise.
c) Os que se realicen ou establezan por outras Entidades Públicas ou polos concesionarios destas, con achegas económicas deste Concello.
2. As obras e servizos a que se refire a letra a) do apartado anterior,conservarán o seu carácter de municipais aínda cando fosen realizados ou establecidos por:
a) Organismos Autónomos municipais ou sociedades mercantís de cuio capital social fose este o único titular.
b) Concesionarios con achegas deste Concello.
c) Asociacións de contribuíntes.
As contribucións especiais municipais son tributos de carácter finalista e o producto da súa recadación destinarase, integramente, a sufragar os gastos da obra ou do establecemento ou ampliación do servizo por cuia razón fosen establecidas e esixidas.
Artigo 3.°:
O Municipio poderá, potestativamente, acordar a imposición e ordenación de Contribucións especiais, sempre que se dean as circunstancias conformadoras do feito impoñible establecidas
no artigo 1.° da presente Ordenanza Xeral, nos seguintes supostos:
a) Pola apertura de rúas e prazas e a primeira pavimentación das calzadas.
b) Pola primeira instalación, renovación de redes de distribución de auga, do saneamento ou desagües de augas residuais.
c) Polo establecemento ou substitución do alumado público e por instalación de redes de distribución de enerxía eléctrica.
d) Polo ensanchamento e novas aliñacións das rúas e prazas xa abertas e pavimentadas, así como a modificación das rasantes.
e) Pola substitución de calzadas, beirarrúas, absorbederos e bocas de rego das vías públicas urbanas.
f) Polo establecemento e ampliación do servizo de extinción de incen-
divos.
g) Pola construcción de encoros,canles e outras obras para a irrigación de fincas.
h) Pola realización de obras de captación, encoros, depósito, conducción e depuración de augas para o abastecemento.
i) Pola construcción de estacións depuradoras de augas residuais e colectores xerais.
j) Pola plantación de arbolado en rúas e prazas, así como pola construcción e ampliación de parques xardíns que sexan de interese para un determinado barrio, zona ou sector.
k) Polo desmonte, terraplenado e construcción de muros de contención.
l) Pola realización de obras de desecación e saneamento e de defensa de terreos contra avenidas e inundacións, así como a regulación e desviación de cursos de augas.
m) Pola construcción de galerías subterráneas para o aloxamento de redes e tuberías de distribución de auga, gas e electricidade, así como para que sexan utilizadas por redes de servizos de comunicación e información.
n) Pola realización ou o establecemento ou ampliación de calesqueira
outras obras ou servizos municipais.
Capítulo II- EXENCIÓNS V BONIFICACIÓNS
Artigo 4.º:
1. Non se recoñecerán, en materia de Contribucións especiais, outros beneficios fiscais que os que veñan establecidos por disposicións con rango de Lei ou por Tratados de Convenios Internacionais.
2- Quen nos casos a que se refire o apartado anterior considerásense con dereito a un beneficio fiscal,farano contar así ante o Concello, con expresa mención do precepto en que consideren amparado o seu dereito.
3. Cando se recoñezan beneficio fiscais, nas Contribucións especiais, as cotas que puidesen corresponder aos beneficiarios ou, no seu caso, o importe das bonificacións, non poderán ser obxecto de distribución entre os demais suxeitos pasivos.
Capítulo III- SUXEITOS PASIVOS
Artigo 5.°:
1- Terán a consideración de suxeitos pasivos das Contribucións especiais, as persoas físicas e xurídicas así como a Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, especialmente beneficiadas pola realización das obras ou polo establecemento ou ampliación dos servizos municipais que orixinen a obrigación de contribuír.
2. Aos efectos do disposto no apartado anterior, consideraranse persoas especialmente beneficiadas:
a) Nas Contribucións especiais por realización de obras ou establecemento ou ampliación de servizos que afecten a bens inmobles, os propietarios dos mesmos.
b) Nas Contribucións especiais por realización de obras ou establecemento ou ampliación de servizos a consecuencia de explotacións empresariais, as persoas ou Entidades titulares destas.
c) Nas Contribucións especiais polo establecemento ou ampliación dos servizos de extinción de incendios,ademais dos propietarios dos bens afectados, as compañías de seguros que desenvolvan a súa actividade no ramo, no termo deste Municipio.
d) Nas Contribucións especiais por construcción de galerías subterráneas, as empresas suministradoras que deben ou utilizalas.
Artigo 6.º:
1. Sen prexuízo, no seu caso, do disposto no apartado 3 do artigo
11 da presente Ordenanza Xeral,as Contribucións especiais recaerán directamente sobre as persoas naturais ou xurídicas que aparezan no Rexistro da Propiedade, como donas ou posuidoras dos bens inmobles, ou no Rexistro Mercantil ou na matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas, como titulares das explotacións ou negocios afectados polas obras ou servizos na data de terminación daquelas ou na de comezo da prestación destes.
2. Nos casos de réxime de propiedade horizontal a representación da Comunidade de Propietarios facilitará á Administración municipal o nome dos copropietarios e o seu coeficiente de participación no inmoble, a fin de proceder ao xiro das cotas individuais. De non facerse así, entenderase aceptado o que xirese unha única cota,
de cuia distribución ocuparase a propia Comunidade.
Capítulo IV- BASE IMPOÑIBLE
Artigo 7.º:
1. A base impoñible das Contribucións especiais está constituída,
como máximo, polo 90 por 100 do custo que o Municipio soporte pola realización das obras ou polo establecemento ou ampliación dos servizos.
2. O referido custo estará integrado polos seguintes conceptos:
a) O custo real dos traballos periciais, de redacción de proxectos e de dirección de obras, plans e programas técnicos.
b) O importe das obras a realizar ou dos traballos de establecemento ou ampliación dos servizos.
c) O valor dos terreos que houbesen de ocupar permanentemente as obras ou servizos, salvo que se trate de bens de uso público, de terreos cedidos gratuitamente e obrigatoriamente ao Municipio, ou o de inmobles cedidos nos termos establecidos no artigo 77 da Lei do Patrimonio do Estado.
d) As indemnizacións procedentes polo derribo de construccións, destrucción de plantacións, obras ou instalacións, así como as que deban abonarse aos arrendatarios dos bens que haxan de ser derruidos ou ocupados.
e) O interese do capital investido nas obras ou servizos cando o Municipio houbese de apelar ao crédito para financiar a porción non cuberta por Contribucións especiais ou a cuberta por estas en caso de fraccionamento xeral das mesmas.
3. O custo total presupostado das obras ou servizos terá carácter de mera previsión. Se o custo real fose maior ou menor que o previsto, tomarase aquel a efectos do cálculo das cotas correspondentes.
4. Cando se trate de obras ou servizos a que se refire o artigo 2.º 1 c) da presente Ordenanza, ou das realizadas por concesionarios con achegas do Municipio a que se refire o apartado 2.b), do mesmo artigo, a base impoñible das Contribucións especiais determinarase en función do importe destas achegas, sen prexuízo das que poidan impoñer outras Administracións Públicas por razón da mesma obra ou servizo. En todo caso respectarase o límite do 90 por 100 a que se refire o apartado primeiro deste artigo.
5- Aos efectos de determinar a base impoñible, entenderase por custo soportado polo Municipio a contía resultante de restar, á cifra do custo total, o importe das subvencións ou auxilios que o Concello obteña do Estado ou de calquera outra persoa ou Entidade pública ou privada. Exceptúase o caso de que a persoa ou Entidade aportante da subvención ou auxilio teña a condición de suxeito pasivo, nese caso procederase de conformidade co indicado no apartado segundo do artigo 9.° da presente Ordenanza Xeral.
Artigo 8.º:
A Corporación determinará, no acordo de ordenación respectivo, a
porcentaxe do custo da obra ou servizo soportado polo Concello que constitúa, en cada caso concreto, a base impoñible da Contribución especial de que se trate, sempre co límite do 90 por 100 a que se refire o artigo anterior.
Capítulo V- COTA TRIBUTARIA
Artigo 9.°:
I. A base impoñible das Contribucións especiais, repartirase entre
os suxeitos pasivos, tendo en conta a clase e natureza das obras e servizos, con suxeción ás seguintes regras:
a) Con carácter xeral aplicaranse conxunta ou separadamente, como módulos de reparto, os metros lindes de fachada dos inmobles, a súa superficie,o volume edificable dos mesmos e o valor catastral a efectos do Imposto sobre bens inmobles.
b) Se tratase do establecemento e mellora do servizo de extinción de incendios, poderán ser distribuídas entre as Entidades ou Sociedades que cubran o risco por bens sitios neste Municipio, proporcionalmente ao importante das primas recadadas no ano inmediatamente anterior. Se a cota esixible a cada suxeito pasivo fose superior ao 5 por 100 do importe das primas recadadas polo mesmo, o exceso trasladarase aos exercicios sucesivos ata o seu total amortización.
c) No caso das obras a que se refire o artigo 3.°, apartado m), da presente Ordenanza Xeral, o importe total da Contribución especial será distribuído entre as compañías ou empresas ao espazo reservado a cada unha ou en proporción á sección das mesmas, aínda cando non as usen inmediatamente.
2. No caso de que se outorgase, para a realización das obras ou o establecemento ou ampliación dos servizo. Se unha subvención ou auxilio económico por quen tivese a condición de suxeito pasivo das Contribucións especiais que se exacionasen por tal razón, o importe de devandita subvención ou auxilio, destinarase, primeiramente, a compensar a cota da respectiva persoa ou entidade. O exceso, se o houbese, aplicarase a reducir, a prorrata, das cotas dos restantes suxeitos pasivos.
Artigo 10.º:
1. En toda clase de obras, cando á diferenza de custo por unidade nos diversos traxectos, tramos ou seccións da obra ou servizo non corresponda análoga diferenza no grado de utilidade ou beneficio para os interesados, tódalas partes do plan correspondente serán consideradas en conxunto aos efectos do reparto e, na súa consecuencia, para a determinación das cotas individuais non se atenderá soamente ao custo especial do tramo ou sección que inmediatamente afecte a cada contribuínte.
2. No caso de que o importe total das Contribucións especiais repartirase tendo en conta os metros lineais de fachada dos inmobles, entenderase por fincas con fachada á vía pública non só as edificadas en coincidencia con a aliñación exterior da mazá, senón tamén as construídas en bloques illados calquera que fose a súa situación respecto da vía pública que delimite aquela mazá e sexa obxecto da obra; en consecuencia, a lonxitude da fachada medirase, en tales casos, pola do solar da finca, independentemente das circunstancias da edificación, retranqueo, patios abertos, zona de xardín ou espazos libres.
3. Cando o encontro de dúas fachadas estea formado por un chaflán ou se unan en curva, consideraranse, aos efectos da medición da lonxitude de fachada, a metade da lonxitude do chaflán ou a metade do desenvolvemento da curva, que se sumará ás lonxitude das fachadas inmediatas.
Capítulo VI- DEVENGO
Artigo 11.º:
1. As Contribucións especiais se devengan no momento en que as obras executáronse ou o servizo comece a prestarse. Se as obras fosen fraccionables, o devengo producirase para cada un dos suxeitos pasivos dende que se executaron as correspondentes a cada tramo ou fracción da obra.
2. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, unha vez aprobado o acordo concreto de imposición e ordenación, o Municipio poderá esixir, por anticipado, o pago das Contribucións especiais en función do importe do custo previsto para o ano seguinte. Non poderá esixirse o anticipo dunha nova anualidade sen que sexan executadas as obras para as cales exisiuse o correspondente anticipo.
3. O momento do devengo das Contribucións especiais terase en conta aos efectos de determinar a persoa obrigada ao pago, de conformidade co disposto no artigo 5.º da presente Ordenanza Xeral, aínda cando no acordo concreto de ordenación figure como suxeito pasivo quen o sexa con referencia á data da súa aprobación e de que o mesmo houbese
anticipado o pago de cotas, de conformidade co disposto no apartado 2 do presente artigo. Cando a persoa que figure como suxeito pasivo no acordo concreto de ordenación e sexa notificada diso, transmita os dereitos sobre os bens ou explotacións que motivan a imposición no período comprendido entre a aprobación de devandito acordo e o do nacemento do devengo, estará obrigada a dar conta á Administración municipal da transmisión efectuada, dentro do prazo dun mes dende a data desta, e, se non o fixese, o Concello poderá dirixir a acción para o cobro contra quen figuraba como suxeito pasivo en devandito expediente.
4. Unha vez finalizada a realización total ou parcial das obras, ou iniciada a prestación do servizo, procederase a sinalar os suxeitos pasivos, a base e as cotas individualizadas definitivas, xirando as liquidacións que procedan e compensando, como entrega a conta,os pagos anticipados que se efectuaron. Tal sinalamento definitivo se realizará polos órganos competentes da Corporación, axustándose ás normas do acordo concreto de ordenación o tributo para a obra ou servizo de que se trate.
5. Si os pagos anticipados fosen efectuados por persoas que non teñen a condición de suxeitos pasivos na data do devengo do tributo ou ben excederan da cota individual que lles corresponda, o Concello practicará de oficio a pertinente devolución.
Capítulo VII - XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN
Artigo 12.º:
A xestión, liquidación, inspección e recadación das Contribucións especiais realizaranse na forma, prazos e condicións que se establecen na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 13.°:
1. Unha vez determinada a cota a satisfacer, o Concello poderá conceder, a solicitude do contribuínte ,o fraccionamento ou aprazamento daquela por prazo máximo de cinco anos, debendo garantirse o pago da débeda tributaria, que incluirá o importe do interese de demora das cantidades aprazadas, mediante hipoteca, prenda, aval bancario ou outra garantía suficiente a satisfacción da Corporación.
2. A concesión do fraccionamento ou aprazamento implicará a conformidade do solicitante, co importe total da cota tributaria que lle corresponda.
3.- A falta de pago dará lugar á perda do beneficio de fraccionamento, con expedición de descuberto pola parte pendente de pago, recargos e intereses correspondentes.
4. En calquera momento o contribuínte poderá renunciar aos beneficios de aprazamento ou fraccionamento, mediante ingreso da cota ou da parte da mesma pendente de pago, así como dos intereses vencidos, cancelándose a garantía constituída.
5.- De conformidade coas condicións socio-económicas da zona na que execútense as obras, a súa natureza e cadro de amortización, o custo, a base liquidable e o importe das cotas individuais, o Concello poderá acordar, de oficio, o pago fraccionado con carácter xeral para tódolos contribuíntes, sen prexuízo de que eles mesmos poidan en calquera momento anticipar os pagos que consideren oportunos.
Capítulo VIII- IMPOSICIÓN E ORDENACIÓN
Artigo 14.°:
1. A exacción das Contribucións especiais precisará a previa adopción, pola Corporación, do acordo de imposición en cada caso concreto.
2. O acordo relativo á realización dunha obra ou ao establecemento ou ampliación dun servizo, que deban costearse mediante Contribucións especiais, non poderá executarse ata que se aprobase a ordenación concreta destas.
3. O acordo de Ordenación ou Ordenanza reguladora será de inescusable adopción e conterá a determinación do custo previo das obras e servizos, da cantidade a repartir entre os beneficiarios e dos criterios de reparto. O acordo de ordenación concreto ou Ordenanza reguladora remitirase, nas demais cuestións, á presente Ordenanza Xeral de Contribucións especiais.
4. Unha vez adoptado o acordo de ordenación de Contribucións especiais, e determinadas as cotas a satisfacer, estas serán notificadas individualmente a cada suxeito pasivo se éste e o seu domicilio fosen coñecidos e, no seu defecto por medio de edictos. Os interesados poderán formular recurso de reposición ante o Concello, que deberá versar sobre a procedencia das Contribucións especiais, a porcentaxe do custo que deban satisfacer as persoas especialmente beneficiadas ou as cotas asignadas.
Artigo 15.º:
1. Cando este Municipio colabore con outra Entidade local na realización de obras ou establecemento ou ampliación de servizos, e sempre que se impoñan Contribucións especiais, observaranse as seguintes regras;
a) Cada Entidade conservará as súas competencias respectivas en orde aos acordos de imposición e ordenación concretos.
b) Se algunha das Entidades realizase as obras ou establécese ou ampliase os servizos coa colaboración económica da outra, corresponderá á primeira a xestión e recadación da Contribución especial, sen prexuízo do disposto na letra a) anterior.
2. No caso de que o acordo concreto de ordenación non fose aprobado por unha de devanditas Entidades, quedará sen efectos ao unidade de actuacións, adoptando separadamente as decisións que procedan.
Capítulo IX - COLABORACIÓN CIDADÁ
Artigo 16.°:
1- Os propietarios ou titulares afectados polas obras poderán constituírse en Asociacións administrativas de contribuíntes e promover a realización de obras ou o establecemento ou ampliación de servizos polo Concello ,comprometéndose a sufragar a parte que corresponda aportar a éste cando a súa situación financeira non o permita, ademais da que lles corresponda segundo a natureza da obra ou servizo.
2. Así mesmo, os propietarios ou titulares afectados pola realización de obras ou o establecemento ou ampliación de servizos promovidos polo Concello, poderán constituírse en Asociacións administrativas de contribuíntes no período de exposición ao público do acordo de ordenación das Contribucións especiais.
Artigo 17.º:
Para a constitución de Asociacións administrativas de contribuíntes, a que se refire o artigo anterior, o acordo deberá ser tomado pola maioría absoluta dos afectados,sempre que representen, polo menos, os dous tercios das cotas que deban satisfacerse.
Capítulo X - INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Artigo 18.º:
1. En todo o relativo a infaccións tributarias e a súa cualificación, así como ás sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, aplicaránse as normas contidas na Lei Xeral Tributaria.
2. A imposición de sancións non suspenderá, en ningún caso, a liquidación e cobro das cotas devengadas non prescritas.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá vixente ata que non se acorde, expresamente, a súa modificación ou derogación.
APROBACIÓN
A presente Ordenanza fiscal que consta de dezaoito artigos e unha
Disposición final, foi aprobada polo Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día dezanove de outubro do mil novecentos oitenta e nove V.º B.º.- O ALCALDE. - O SECRETARIO.
Dilixencia.- A presente Ordenanza atopase exposta ao público, segundo anuncio no B.O. da Provincia, núm. 246, de 24 de outubro.
|