FUNDAMENTO LEGAL E OBXECTO.
Artigo 1º.-
Exercitando a facultade recoñecida no artigo 106 da lei 7/1985 do 2 de abril, e ao amparo dos artigos 199 b) e 212.17 do R.D. Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, establécese, neste termo municipal,unha Taxa sobre o servicio de cemiterios municipais.
Artigo 2 º.-
1- Feito impoñible.- Constitúeo a prestación dos servicios funerarios que se detallan na tarifa desta exacción.
OBRIGACIÓN DE CONTRIBUÍR.
2. Obrigación de contribuír.- Nacerá a obrigación de contribuír ao autorizar o dereito funerario ou servicios no cemiterio, e periodicamente cando se trate de dereitos para a conservación do mesmo.
3. Suxeito pasivo.- Están obrigados ao pago o titular do dereito, os seus herdeiros ou sucesores ou persoas que lles representen.
BASES E TARIFAS.
Lápidas sobre sepulturas terreas,6.01 euros ao ano.
Arrendamento de nichos, 12.02 euros ao ano.
Estarán exentos do pago dos dereitos de enterramento na fosa común os pobres de solemnidade que falezan neste Municipio.
ADMINISTRACIÓN E COBRANZA.
Artigo 5°.-
As sepulturas temporais concederanse por un prazo de cinco anos e as permanentes por cincuenta, nun e outro caso poderán ser renovadas, de acordo coas disposicións legais vixentes e Ordenanzas municipais no momento da caducidade . Artigo 6°.-
Transcorridos os prazos sen que soliciten renovación entenderanse caducadas. Os restos cadavéricos que se atopasen nelas serán trasladados a fosa común e revertirán ao Concello os dereitos sobre tales sepulturas.
A adquisición dunha sepultura permanente ou temporal non significa venda nin outra cousa que a obrigación por parte do Concello de respectar a permanencia dos cadáveres inhumados.
Artigo 7º.-
Os adquirentes de dereitos sobre sepulturas permanentes terán dereito a depositar nas mesmas todos os cadáveres ou restos cadavéricos que desexen, pero suxeitándose sempre ás regras establecidas para cada caso e previo pago dos dereitos correspondentes .
Artigo 8°. -
Tódolos traballos necesarios para efectuar os enterramentos, inhumacións, exhumacións, colocación de lápidas, construcción de fosas e mausoleos, etcétera, serán a cargo dos particulares interesados.
Artigo 9°.-
Os dereitos de sepulturas temporais e permanentes serán concedidos polo señor Alcalde e os panteóns ou mausoleos polo Pleno do Concello.
Artigo 10º.-
As fosas adquiridas con carácter permanente serán construídas de acordo coas disposicións que ao efecto fixen os técnicos municipais e o seu custo será a cargo particular interesado. En caso de adquirir algunha fosa xa construída polo Concello, ademais dos dereitos de compra deberá aboarse a suma que naquel momento importe a construcción doutra igual.
Artigo 11°.-
No caso de pasar a permanentes sepulturas temporais,previa autorización da Alcaldía, os dereitos a satisfacer serán a diferenza entre os pagos pola sepultura temporal e o importe da permanente, segundo a tarifa vixente naquel
momento.
Artigo 12°.-
Os párvulos e fetos que se inhumen en sepulturas de adultos pagarán os dereitos como adultos.
Artigo 13º.-
Toda clase de sepultura, panteón ou mausoleo que por calquera causa, quedase vacante reverte a favor do Concello.
Artigo 14°.-
Todo concesionario de terreo para a construcción de panteóns ou mausoleos terá que efectuar o seu pago dentro dos trinta días seguintes á data na que se acorde polo Concello a concesión, e se non o efectuou entenderase renuncia a todo dereito sobre o que no seu día solicitouse e foille concedido.
Artigo 15º.-
O concesionario de terreos para panteóns ou mausoleos ven obrigado a obter a correspondente licencia de obras dentro dos seis meses a partir da data da concesión e dar comezo ás obras dentro dos tres meses de expedida aquela. Finalizado o tempo dun ano sen que o interesado dese comezo ás obras ou transcorrido o prazo concedido polo Concello para a súa terminación, entenderase que renuncia a todo dereito, revirtindo
novamente o terreo ó concello, con perda das cantidades aboadas e o invertido nas obras realizadas.
Artigo 16°.-
Non serán permitidos os traspasos de propiedade funeraria sen a previa aprobación polo Pleno do Concello, debendo interesarse o traspaso mediante solicitude dirixida o señor Alcalde, firmada polo cedente e o concesionario en proba de conformidade. Non obstante, todos os traspasos que autorice o Concello entenderanse sen prexuízo de terceiros, é dicir, so a efectos administrativos.
Artigo 17°.-
Quedan recoñecidas as transmisións de sepulturas, durante o prazo da súa vixencia, por título de herdanza- Os herdeiros terán que poñerse de acordo para designar, de entre eles, a persoa a cuio favor expedirase o novo título funerario. Será condición precisa que os solicitantes aporten, ao formular a petición de traspaso, a documentación na que funden os seus dereitos e pago dos impostos correspondentes.
Artigo 18º.-
Cando as sepulturas, panteóns, mausoleos e, en xeral, tódolos lugares dedicados a enterramentos sexan descoidados e abandonados polos seus respectivos concesionarios ou familiares ou deudores, dando lugar a que se atopen en estado de ruína, cos conseguintes perigos e mal aspecto, o Concello poderá proceder á demolición no primeiro caso e á retirada de cantos atributos e obxectos se atopen deteriorados e abandonados, no segundo, sen que en ningún dos dous supostos poda esixírselle indemnización algunha.
Artigo 19°.-
As cotas e recibos que, practicadas as operacións regulamentarias , resultasen incobrables precisarán acordo expreso do Concello para ser declaradas erradas e definitivamente anuladas.
EXENCIÓNS.
Artigo 20°.-
Estarán exentos de pago os dereitos de enterramentos na fosa temporal das familias pobres de solemnidade que falezan no municipio, e con carácter permanente os que obtivesen o título de fillos adoptivos ou predilectos do municipio e os falecidos nos actos de defensa da orde pública, persoas e bens do municipio.
INFRACCIÓNS E DEFRAUDACIÓN.
Artigo 21º.-
En todo o relativo a infraccións, as súas distintas calificacións, así como as sancións que as mesmas poidan corresponder, e o procedemento sancionador estarase o que dispón a Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección deste Concello e subsidiariamente a Lei Xeral Tributaria, todo elo sen prexuízo de en cantas outras responsabilidades civís o penais poidan incorrer os infractores.
VIXENCIA
A presente Ordenanza comezará a rexer dende a súa publicación íntegra no BOP de Ourense, e permanecerá vixente, sen interrupción en canto non se acorde a súa modificación ou derogación.
APROBACIÓN
A presente Ordenanza foi aprobada polo Pleno deste Concello con data de 10 de outubro de 1988.
Ribadavia, 9 de Xaneiro de 1989.- O ALCALDE- O SECRETARIO ACCTAL. |