Artigo 1º .- Concepto.
O abeiro do previsto nos artigos 58 e 20.3.n. da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, de conformidade co que dispoñen os artigos 15 ó 19 deste texto legal, este concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais derivados da ocupación da vía pública ou terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións, industrias nas rúas e ambulantes e rodaxe cinematográfica, especificado nas tarifas contidas no artigo 3º seguinte, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2º .- Obrigados ó pagamento
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza as persoas ou entidades ás que o seu favor se outorguen as licencias, ou os que se beneficien do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 3º.- Contía .
1. A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a que figura na seguinte tarifa:
Postos de ata 4 metros, 7,21 euros/día.
Postos de máis de 4 e menos de 6 metros, 9,62 euros/día. Postos de máis de 6 e menos de 8 metros, 12,02 euros/día. Postos de máis de 8 e menos de 10 metros, 24,04 euros/día. Camións destinados á venda, 24,04 euros/día.
Caldeiras de polbo, 9,01 euros/día.
Postos de comida: 0,48 por m2 ocupado e 6,01 euros polo Camión.
Postos de artesáns e agricultores, 1,20 euros/día.
Vehículos adicados a almacén (autorizados), 3 euros/día. Respecto da venda ambulante, en camións, camións-tenda
(nos núcleos rurais excepto no núcleo urbano de Ribadavia), 300 euros/anuais.
Retirada e custodia de mercadoría retirada pola Policía Local, 20 euros/día ou fracción, excepto no caso de mercadorías pere- cedeiras, que suporá o que lle custe ó Concello a súa conserva- ción, durante 48 horas. Transcorrido este prazo o concello non se fará cargo nin responsable dela.
Nas festas patronais e calquera outra celebración distinta ás dos días 10 e 25 de cada mes a ocupación do solo público esta- rá suxeita a autorización previa, acto no que serán liquidados os correspondentes dereitos, en función das condicións obxectivas que se dean, para garanti-lo interese municipal.
Os dereitos fixados na tarifa anterior, así como no importe da adxudicación, enténdense pola concesión da ocupación, inde- pendentemente de que a actividade se leve a cabo ou non, non poderá concederse bonificación ningunha por causa de choivas, restriccións na subministración de enerxía eléctrica ou calque- ra outra de forza maior.
As instalacións deberán ser montadas e desmontadas no prazo que se fixe na autorización, aplicándose, noutro caso, os dereitos correspondentes por cada día de exceso.
Artigo 4º.- Normas de xestión .
1.- As cantidades esixibles consonte coa tarifa liquidaranse
por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período de tempo autorizado.
2. a) Os emprazamentos, instalacións, postos, etec, poderán sacarse a licitación pública e, o tipo de licitación en concepto
de taxa mínima que servirá de base, será a contía fixada na tarifa desta ordenanza.
b) Procederase, con antelación á subhasta, á formación dun plano dos terreos dispoñibles para ser subhastados, numerando as parcelas que sexan obxecto de licitación e sinalando a súa superficie. Así mesmo, indicaranse as parcelas que poidan adi- carse a coches de choque, circos, teatros, bares, restaurantes, polberías, bisuterías, etc.
e) Se algún concesionario dos aproveitamentos utilizase maior superficie que a que lle foi adxudicada en subasta ou autorizada na licencia, satisfará por cada metro cadrado utilizado de máis o 100 por 100 do importe da poxa ou licencia, ademais do importe do remate ou da contía fixada pola tarifa, respectivamente.
3.a) As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulares nesta ordenanza e non sacados a licitación pública deberá solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 6.2 a) seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van a instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.
b) Os servicios técnicos deste concello comprobarán e inves- tigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; se se deran diferencias, notificaranse estas ós interesados e xiraranse, de se-lo caso, as liquidacións com- plementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, de se- lo caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
e) No caso de denegarense as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este concello a devolución do importe ingre- sado.
4. Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se aboe e obteña polos interesados a licencia correspon- dente.
5. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
Artigo 6º.- Obriga de pagamento .
1. A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no intre de solicitarse a correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos natu- rais de tempo sinalados na tarifa.
2. O pagamento desta tasa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novo aproveitamento, por
ingresos directos na Tesourería Municipal ou onde establecese o concello, pero sempre antes de retira-la correspondentes licencia, que será concedida por semestres naturais, prorrogables.
Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 26.1 da Lei 39/1988, do 28 de decem- bro, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada provisionalmente polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2003, entrará en vigor cando se publique integramente o seu texto definitivo no BOP, manténdose vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Ribadavia, 5 de marzo de 2004. O alcalde. |