ORDENANZA Nº 22
Artigo 1- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo art. 106 da lei 7/ 1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este concello establece a “Taxa por licencia de autotaxis e demais vehículos de aluguer”, que se rexira pola presente ordenanza fiscal, cuias normas atenden ó prevido no Art. 58 da citada Lei 39/1988
Artigo 2- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa a presentación dos servicios e a realización das actividades que, en relación coas licencias de autotaxis e demais vehículos de aluguer, a que se refire o Regulamento aprobado polo Real Decreto 763/1979 , de 16 de marzo, se sinalan a continuación:
a) Concesión e expedición de licencias
b) Autorización para transmisión de licencias cando proceda o seu otorgamento, co arranxo á lexislación vixente.
c) Autorización para substitución dos vehículos afectos ás licencias, ben sexa este cambio de tipo voluntario o por imposición legal
d) Revisión anual ordinaria dos vehículos e revisión extraordinaria a instancia a parte.
e) Dilixenciamento dos libros-rexistro das empresas de servicios de transportes reguladas en dito Regulamento.
Artigo 3.º- Suxeito pasivo
Están obrigados ó pago da taxa, en concepto de suxeitos pasivos contribuientes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades as que se refire o Art. 33 da Lei Xeral Tributaria, seguintes:
1. A persoa ou entidade a cuio favor outórguese a concesión e expedición da licencia, ou en cuio favor se autorice a transmisión da mesma.
2. O titular da licencia cuio vehículo sexa substituído ou obxecto da revisión tanto ordinaria como extraordinaria , e/ou cuios libros-rexistro sexan dilixenciados.
Artigo 4- Responsable
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, das persoas físicas e xurídicas que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5- Cota tributaria
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos servizos ou actividades de acordo coa seguinte
Tarifa:
Conceptos ; euros
Epígrafe primeiro : Concesión e expedición da licencia por poxa, prezo base de 2440,11 euros.
Epígrafe segundo: Autorización a transmisión de licencias.
a) Transmisión “inter vivos” ; 20 por cen de traspaso , mínimo 2404,05 euros.
b) Transmisións “mortis causa”; 10 por cen de traspaso, mínimo 1202,02 euros.
Epígrafe terceiro: Substitución de vehículos: 30,05 euros
Artigo 6.º- Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención ou bonificación algunha no pago daTaxa.
Artigo 7.º- Devengo
1. Devengase a Taxa e nace a obriga de contribuír coma nos casos sinalados nas letras a),b) e c) do artigo 2º. , na data que este Concello conceda e expida a correspondente licencia ou autorice a transmisión ou substitución do vehículo.
Artigo 8.º- Declaración de ingreso
1. A relación das actividades e a prestación dos servicios suxeitos a esta taxa levaranse a cabo a instancia de parte.
2. Tódalas cotas serán obxecto de declaración por ingreso directo, unha vez concedidas as licencias ou autorizacións de que se trate e realizados os servicios solicitados, procedendo os contribuientes o seu pago no prazo establecido polo Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9.º- Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias , así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso , estarase o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza fiscal , cuia redacción definitiva fora aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o 17 de xulio de mil novecentos noventa e dous , entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no ´´B.O.P.´´ e será de aplicación a partir do día de dita publicación , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou degoración expresa – O ALCALDE . O SECRETARIO.
Ribadavia , 17 de Xulio de 1992.