Ordenanza fiscal nº 6. Reguladora da taxa por licencia de apertura de establecementos
BOP 28 de Marzo de 2006
Artigo 1°.- En uso das facultades conferidas polos artigos 133,2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Conce110 establece a Taxa po Licencia de Apertura de Establecementos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, as normas da cal atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2°.
1°.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a unificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condición s de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outra esixida polas xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da Licencia de Apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.
2°.- Para tal efecto, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular, non estando gravada, sen embargo, a ampliación de capital social por ser allea ó feito impoñible, así como tampouco a ampliación de elementos mecánicos ou de potencia eléctrica dunha industria xa existente no local.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condición s sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
3°.- Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
a) Adiquese o exercicio dalgunha actividade empresarial,fabril, artesana, da construcción, comercial e de servicios que este suxeita o Imposto de Actividades Económica ou estando exenta este contemplada nas Instruccións e Tarifas vixentes de dito imposto.
b)Aínda sen desenvolverse aquelas actividades sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas de forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamentos, como, por exemplo, sés sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3°.
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.
2.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38,1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
3.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4°.- A base imponible de sta taxa estará constituida polo importe total do Imposto sobre Actividades Económicas, resultado de aplicar as cuotas das Instruccións e Tarifas vixentes incrementadas no recargo provincial. No caso que se atopen exentos do pago do Imposto de actividades económicas a taxa estará constituida polo que lle correspondería aboar de acordo co resultado de aplicar as cuotas das Instruccións e Tarifas vixentes incrementadas no recargo provincial.
Artigo 5°.- A cota tributaria será igual á Base Impoñible establecida no artigo 4 da presente Ordenanza e o seu aboamento farase por unha soa vez.
Artigo 6°.- Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente Taxa.
Artigo 7°.-
1°.- Repórtase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da Licencia de Apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2°.- Cando a apertura tivera lugar sen ter obtido a oportuna licencia, a Taxa reportarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse par autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3°.- A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, de xeito algún, poI a denegación da Licencia solicitada ou poI a concesión desta condicionada á modificación das condición s do establecemento, nin pola renuncia ou desestimación do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 8°.-
1.- As persoas interesadas na obtención dunha Licencia de Apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán, previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local.
2.- Se despois de fonnulada a solicitude de Licencia de Apertura se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas para tal establecemento, estas modificación s haberán de poñerse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
Artigo 9°.- Rematada a actividade municipal e, unha vez dictada a Resolución que proceda sobre a Licencia de Apertura, practicarase a liquidación correspondente pola Taxa, que será notificada ósuxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais, empregando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 10°.- En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, asícomo das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcurra o prazo a que se refire o artigo 70.2, en relación co 65.2 da Lei/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases e Réxime Local e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
Ribadavia, 26 de marzo do 2003.- O alcalde.
|