Exposición de motivos.
A Lei 50/1999, do 23 de decembro, dictada ó amparo do artigo 149.1.29 da Constitución española, que atribúe ó Estado as competencias en materia de seguridade pública, asígnalles no artigo 3 ós concellos a competencia para concede-la licencia administrativa que habilite para a tenza de animais potencialmente perigosos. Ademais, o seu artigo 6, establece que en cada concello existirá un rexistro de animais potencialmente perigosos.
A Lei 1/1993, do 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia, de protección
de animais domésticos e salvaxes en cautividade, imponlles á súa vez ós concellos a obriga de recolle-los animais abandonados e no artigo 27 do Decreto 153/1998, que a desenvolve, obriga de censar a nivel municipal a tódolos animais da especie canina.
A Comunidade Autónoma de Galicia desenvolve ambas leis de forma harmónica no Decreto 90/2002. É unha das competencias propias que se lle recoñecen no artigo 3.2 da citada Lei 50/1999, ó abeiro da cal se aproba tamén esta ordenanza.
En consecuencia, e de conformidade coas disposicións citadas, e ó amparo da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia e os artigos 15 e 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a Corporación aprobou esta ordenanza:
Capítulo I.- Disposicións xerais.
Artigo 1.- Obxecto.
1.- O obxecto da presente ordenanza é a regulación da concesión e renovación das licencias administrativas para tenza de calquera clase de animais clasificados como potencialmente perigosos, ós que se refire o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a Regulación do Rexistro municipal de Animais Potencialmente Perigosos e a inscrición na Sección Local do Rexistro Galego de Animais de Compañía
e das taxas pola concesión e renovación das licencias e inscricións indicadas.
2.- Quedan excluídos da aplicación da presente ordenanza os cans e animais pertencentes ás Forzas Armadas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos
da Policía das comunidades autónomas, Policía Local e empresas de seguridade con autorización oficial.
Artigo 2.- Definición de animal potencialmente perigoso.
1.- Considéranse animais potencialmente perigosos tódolos que, pertencendo
a fauna salvaxe, sendo utilizados como animais domésticos, ou de compañía, con independencia da súa agresividade, pertencen a especies ou razas que teñan capacidade de causa-la morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos a cousas.
2.- En particular, terán a cualificación de potencialmente perigosos os animais domésticos ou de compañía que regulamentariamente determine a Comunidade
Autónoma de Galicia, en particular os pertencentes á especie canina, definidos no artigo 2.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistro galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.
3.- En todo caso, aqueles cans que manifesten unha marcada agresividade
natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro
medio. Esta agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio,
ou trala notificación ou denuncia, e despois dun informe dun adestrador ou veterinario
designado para o efecto.
Capítulo II.- Da licencia municipal.
Artigo 3.- Licencia municipal.
1.- A tenza no municipio de animais clasificados como potencialmente perigosos
requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente
licencia municipal.
2.- Están obrigados á obtención de licencia municipal para tenza de animais
clasificados como potencialmente perigosos os propietarios ou posuidores destes
incluídos no padrón de habitantes, así como os establecementos ou asociacións, con sede neste municipio, que alberguen animais potencialmente perigosos ás que se refire o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da Comunidade Autónoma
Galega e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento,
incluídos os centros de adestramento, criadeiros,centro de recollida,
residencia, centros recreativos e establecementos de venda colocados neste municipio.
3.- Os propietarios de animais potencialmente perigosos no aveciñados neste
municipio deberán acreditar, cando se encontren residindo temporalmente nel
e mentres permaneza o animal no termo municipal, a tenza da licencia no municipio
de orixe.
4.- Nos casos de inscrición de animais como consecuencia de efectuar anteriores
ataques a persoas, animais ou cousas, no concello,unha vez coñecida a resolución
ou sentencia, de oficio ou a instancia de calquera interesado directo, e
trala tramitación de expediente administrativo con audiencia do interesado, requirirá
o propietario mediante resolución da Alcaldía, co obxecto de que en prazo dun mes proceda a solicita-la licencia, efectuándose en caso contrario a retirada e depósito do animal de conformidade co establecido no artigo 9 desta ordenanza.
Artigo 4.- Requisitos para a obtención de licencia.
1.- Para a obtención da licencia administrativa con destino á tenza de calquera
animal clasificado como potencialmente perigoso, será necesario cumprilos
seguintes requisitos:
0) Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporciona-los coidados
necesarios ó animal.
1) Non ter sido condenados por delictos de homicidio, lesións, torturas contra
a liberdade ou contra a integri d a de moral, a liberdade sexual e a saúde pública,
de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar
privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente
perigosos.
2) Non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha
das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999,
do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos.
Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, de se-lo caso, renovación da licencia, ter sido sancionado coa suspensión temporal desta, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.
3) Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica e de capacidade física para a
tenza de animais potencialmente perigosos.
4) Acredita-la formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos
a terceiros que poidan causa-los seus animais na contía mínima de 125.000
euros.
2.- Os requisitos esixidos deberán manterse vixentes durante todo o período
da tenza do animal; a perda destes dará lugar á revisión da licencia nos termos
recollidos no artigo 9 desta ordenanza.
Artigo 5.- Vixencia das licencias.
1.- As licencias terán unha vixencia de cinco anos, despois deste prazo deberán
ser renovadas, debendo acreditarse en cada exercicio, para o seu mantemento:
0) A subscrición do seguro de responsabilidade civil por danos a terceiro.
1) A expedición do certificado de sanidade animal, expedido por autoridade
competente, que acredite con periodicidade anual a situación sanitaria do animal
e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente
perigoso.
2.- A condena por calquera dos delictos recollidos no apartado b) do artigo
anterior dará lugar á revisión da licencia polo concello.
Artigo 6.- Acreditación.
1.- A identificación da tenza da licencia municipal de animais potencialmente
perigosos acreditarase mediante entrega de certifiación relativa a esta.
2.- Por cada can que se posúa, expedirase unha tarxeta identificativa na que se
fará consta-los seguintes datos:
0) de licencia municipal,
1) código de identificación do can,
2) raza,
3) titular da licencia e DNI,
4) de rexistro municipal.
No dorso faranse consta-las persoas autorizadas polo titular da licencia para
uso temporal e transporte do animal.
Artigo 7.- Documentación.
1.- Para a expedición da tarxeta identificativa de cada can requirirase a achega
dos seguintes datos:
0) raza e sexo do animal.
1) Ano de nacemento.
2) Domicilio habitual do animal.
3) Especificación se está destinado a convivir cos seres humanos ou se, pola
contra, ten finalidades distintas coma a garda, protección ou outra que se indica.
4) Nome do propietario.
5) Domicilio do propietario.
6) DNI do propietario.
7) Nome ou razón social e domicilio do vendedor ou cedente.
8) Póliza de seguro de responsabilidade civil.
9) Certificado de aptitude psicolóxica e física nos termos recollidos nos artigos
4 e 5 do RD 287/2002, do 22 de marzo.
10) Certificado de penais.
11) Certificado de sanidade animal expedido por autoridade competente,
que acredite, con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia
de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigoso.
12) Xustificante do aboamento da taxa pola expedición da licencia municipal
para a tenza de animais potencialmente perigosos.
13) Certificado sanitario de esterilización, se se efectuou.
14) Memoria descritiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas
para impedi-la fuxida dos animais conforme o artigo 3.4 do Decreto 90/2002,
de se-lo caso.
15) Facturas e xustificante da adquisición. Os citados datos e, de se-lo caso, a
documentación oportuna, deberá facilitala o adquirinte do animal no prazo de
quince días contados dende a súa tenza efectiva.
2.- O certificado de sanidade animal deberá ser expedido polos Servicios Sanitarios
da Comunidade Autónoma de Galicia ou por un veterinario colexiado.
3.- Para a renovación da licencia municipal deberán achega-la seguinte documentación:
0) Solicitude de renovación.
1) Copia compulsada da renovación do seguro de respnsabilidade civil.
2) Copia compulsada do certificado médico de sanidade animal, efectuado
nunha data non anterior a dous meses á da renovación da licencia.
3) Xustificante do aboamento da taxa municipal.
4) Certificado de capacidade física.
5) Certificado de aptitude psicolóxica.
Artigo 8.- Órgano competente para a concesión das licencias municipais.
1.- As licencias municipais para a tenza de animais potencialmente perigosos
concederanse mediante resolución do órgano que teña atribuída a competencia
en materia de licencia, trala acreditación da incorporación da documentación
esixida na presente ordenanza.
Artigo 9.- Revisión,perda de licencias e depósito de animais.
1.- A perda de calquera dos requisitos esixidos no artigo 4 desta ordenanza,
dará lugar á revisión das licencias municipais concedidas e a súa retirada trala
tramitación de expediente contradictorio.
2.- A retirada da licencia dará lugar á perda do dereito á tenza do animal e á
obriga do interesado de proceder, no prazo máximo de dez días contados
dende a recepción do requirimento á súa entrega e depósito no establecemento
adecuado para o efecto ata obtela, salvo que o animal sexa obxecto de entrega a
outro propietario ou sacrificio nos termos establecidos nos artigos 58, 59 e 60
do Decreto 153/1998, da Comunidade Autónoma de Galicia.
3.- En caso de incumprimento da obriga de depósito procederá á súa execución
subsidiaria o concello, ou a Comunidade Autónoma, a través dos seus servicios
ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación conleva
a cargo e conta do antigo titular da licencia.
4.- O Concello poderá retirar dos espacios públicos e depositar de oficio en
establecemento adecuado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles
animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha situación de abandono
ou perigosidade para os usuarios das vías e espacios de uso común ou circulen
por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou posuidor.
5.- Igualmente o Concello poderá retirar e depositar en establecemento adecuado
aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñan da correspondente
tarxeta de identificación no municipio de orixe ata tanto non acredite
tal circunstancia o seu titular.
6.- A falta de licencia municipal para a tenencia de animais potencialmente
perigosos dará lugar a un único requirimento municipal para a súa obtención
no prazo de dez días e a retirada e depósito dos animais, nos termos establecidos
neste artigo.
Capítulo III.- Do rexistro municipal.
A rt i go 10.- Rex i s t ro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
1.- Créase o Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, que
será informatizado, no que se fará constar con carácter obrigatorio de acordo
con Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da Comunidade Autónoma de Galicia a
seguinte documentación:
0) Código identificador do animal.
1) Zona de aplicación.
2) Especie.
3) Raza. En cruzamento de primeira xeración especificarase as razas de procedencia.
4) Sexo.
5) Descrición da capa.
6) Data de nacemento do animal.
7) Domicilio habitual do animal.
8) Outros signos identificatorios non definitivos (tales como unha tatuaxe ou
un número de chapa se o animal foi censado nun censo municipal anteriormente).
9) Especificación de se o animal está destinado a convivir con seres humanos
ou se teñen finalidades distintas como a garda, defensa ou outra que se indique.
10) Nome e apelidosdo propietario do animal.
11) Enderezo do propietario do animal.
12) Teléfonos de contacto do propietario do animal.
13) DNI do propietario do animal.
14) Nome, enderezo, número de colexiado e número de veterinario colaborador
que realiza a marcaxe.
15) Data na que se realiza a implantación da identificación e a entrega do documento ó propietario.
16) Data de alta no rexistro.
17) Certificado sanitari o , expedido por un veterinario, que acredite con periodicidade
anual a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidade ou síntomas que o poidan facer potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puideran estar relacionadas coa utilización do animal
en pelexas ou outras actividades prohibidas.
18) Cartilla sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos
propios da especie e idade. Na cartilla sanitaria figurará a catalogación de animal
potencialmente perigoso.
19) Copia da licencia municipal de tenencia de animais potencialmente perigosos,
a nome do propietario. Acompañarase de copia da póliza que xustifique
ter formalizado o seguro de responsabilidade civil.
20) Datos do centro de adestramento, se fora o caso.
21) Incidentes de agresión, se fora o caso.
2.- Os propietarios dos animais serán os responsables de identifica-los animais
e de sufraga-los gastos que esto ocasione, independentemente do lugar
de residencia das ditas persoas. A identificación definitiva suporá un requisito
previo e obrigatorio para realizar calquera transacción do animal.
3.- O rexistro municipal é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso
as administración públicas e autoridades competentes, así como aquelas persoas
físicas ou xurídicas que acrediten ter inte rese lexítimo no coñecemento dos
datos obrantes nel. A estes efectos considerarase, en todo caso, interese lexítimo
o que teña calquera persoa física ou xurídica que desexe adquirir un animal
destas características, así como aquelas que sufriran calquera tipo de agresión
polo animal e desexen exerce-las accións correspondentes en calquera vía
xurisdiccional, para o que deberán acreditar previamente a interposición da correspondente denuncia.
4.- En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no rexistro será de
a c o rdo co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos persoais.
Artigo 11.- Inscrición no rexistro.
1.- A inscrición no Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos efectuaraa
de oficio o Concello, trala concesión da licencia municipal regulada no artigo 3 da presente ordenanza.
2.- Non obstante, será igualmente obrigatoria a instancia do interesado, a
inscrición no rexistro municipal, en sección aberta para o efecto, cando se efectúe
o traslado dun animal potencialmente perigoso a este municipio, sexa con
carácter permanente ou por período superior a tres meses, debendo proceder á
inscrición no prazo máximo de dez días contados dende o inicio da residencia no
municipio.
3.- Estimarase que se efectuou un traslado de animal potencialmente perigoso,
salvo acreditación expresa en contrario polo interesado, nos casos de cambio de
residencia do titular deste, caso no que será preciso a acreditación da obtención
da licencia no municipio de orixe anterior, procedendo á renovación da licencia
nos casos previstos na presente ordenanza.
4.- Das inscricións que se efectuen no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente
Perigosos darase traslado ó órgano correspondente da comunidade Autónoma de Galicia.
5.- Igualmente nos casos de cambio de residencia dende o municipio sen prexuízo da obriga do interesado de dar conta do traslado do animal, notificaráselle ó concello do municipio de nova residencia a titularidade por parte do interesado dun animal potencialmente perigoso.
Artigo 12. Baixa no Rexistro Municipalde Animais Potencialmente Perigosos.
1.- A baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos efectuarase
a instancia do interesado, trala acreditación da venda, traspaso, cesión
ou morte do animal.
2.- Igualmente se procederá á baixa no rexistro no caso de traslado da residencia
do titular do animal a municipio distinto e así quede acreditado xa sexa a
instancia do interesado ou de oficio polo concello.
3.- Farase figurar no rexistro como de titularidade municipal aqueles animais
depositados nas súas instalacións como consecuencia da súa recollida da vía pública
ou por perda da licencia do seu anterior titular.
Artigo 13.- Sección Local do Rexistro Galego de Identificación de Animais de
Compañía.
1.- Ó amparo dos principios de lealdade institucional, cooperación e colaboración
previstos no art i go 4 da Lei 3 0 / 1 9 9 2 , e s t ablécese unha Sección Local da Sección do Rexistro de Identificación de Animais de Compañía, limitada ós cans residentes no termo municipal, que se formará cos datos que para o
efecto remita o rexistro galego. Cos datos contidos na sección do rexistro, formarase o 31 de decembro de cada ano, o censo ó que se refire o artigo 27 do Decreto 153/1998.
2.- Neste rexistro farase consta-la información contida no apartado 5 do artigo
5 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da Comunidade Autónoma de Galicia, e que se recollen tamén nas letras da a) á s) do apartado 1 do artigo 10 da presente ordenanza.
Artigo 14.- Circulación e permanencia dos cans en vías públicas e locais.
1.- Nas vías públicas e os espacios naturais protexidos, os cans irán suxeitos
con cadea ou correa.
2.- Os cans guía poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos , sempre que vaian acompañados polo seu dono e cumpran as condicións
hixiénicas, sanitarias e de seguridade ue prevén as ordenanzas.
3.- Queda expresamente prohibida a ntrada ou estancia de animais domésticos
en toda clase de locais destinados a abricación, almacenamento, transporte, enda ou manipulación de alimentos.
4.- Queda asemade prohibida a entrada ou estancia de animais domésticos en restaurantes, bares, cafeterías e similares.
5.- Prohíbese a circulación ou a estancia de cans e outros animais nas piscinas
públicas e locais de espectáculos públicos, deportivos e culturais e nos recintos
escolares.
6.- Os titulares destes locais deberán colocar na entrada dos establecementos
e en lugar visible o sinal identificativo desta prohibición.
7.- Quedan exentos das prohibicións anteriores os cans guía que acompañen a
persoas invidentes.
8.- Queda prohibido deixa-las deposicións fecais dos cans nas vías públicas.
Os propietarios de cans son responsables de recoller convenientemente os excrementos
e depositalos ou ben en bolsas de lixo domiciliario, ou ben naqueles
lugares que a autoridade municipal destine
expresamente a esta finalidade.
9.- Queda ex p resamente prohibido que os cans accedan ás zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio.
10.- Prohíbese lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga amourados ás billas das fontes públicas.
11.- Conforme ó establecido no artigo 112 apartado 5 do Decreto 90/2002, do
28 de febreiro, da Comunidade Autónoma de Galicia os cans catalogados como
potencialmente perigosos terán que circular polas vías públicas e en lugares e
espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou correa non extensible de
lonxitude non superior a dous metros, provistos da correspondente buceira homologada
e adecuada para a súa raza e, en ningún caso, poderán ser conducidos
por un menor de 16 anos.
Capítulo IV.- Infraccións e sancións.
Artigo 15.- Infraccións.
1.- As infraccións que se cometan contra o disposto nesta ordenanza clasifícanse
en: moi graves, graves e leves.
2.- Terán a consideración de infraccións administrativas moi graves,as previstas
no artigo 13.1 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, do Estado, así como as
establecidas no artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, da Comunidade Autónoma
de Galicia.
3.- Terán a consideración de infraccións administrativas graves, as previstas
no artigo 13.2 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, do Estado, así como as establecidas
no artigo 21 da Lei 1/1993, da Comunidade Autónoma de Galicia.
4.- Son infraccións administrativas leves o incumprimento de calquera das obrigas establecidas nesta ordenanza, na Lei 50/1999, do 23 de decembro do Estado
e na Lei 1/1993, do 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia non
comprendidas nos parágrafos anteriores e das que a competencia lle corresponde ó concello conforme ó previsto no artigo 20.3.a) do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro,
da Comunidade Autónoma de Galicia, e en particular os seguintes:
0) A non presentación no prazo requirido da documentación complementaria
esixida no artigo 6.2 desta ordenanza.
1) A non renovación no prazo dun mes da licencia concedida para a tenencia de
animais potencialmente perigosos.
2) A non presentación cando lle sexa requirida da licencia do municipio de
orixe de animais potencialmente perigosos polos propietarios non aveciñados
neste municipio.
Artigo 16.- Sancións.
1.- As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas con multas
cunhas contías que serán as fixadas no artigo 13.5 da Lei 50/1999, do Estado e
no argigo 24 da Lei 1/1993, da Comunidade Autónoma de Galicia.
2.- En todo caso, as infraccións graves e moi graves, tipificadas no artigo anterior
desta ordenanza poderán levar aparelladas como sancións accesorias a
confiscación, comiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente
perigosos, a clausura do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da
licencia para a tenencia de animais potencialmente perigosos ou do certificado
de capacitación do adestrador.
Artigo 17.- Responsable.
1.- Considéranse responsables das infraccións os que por acción ou omisión
participaran para cometelas, o propietario ou posuidor dos animais, ou se é o
caso, o titular do establecemento, local ou medio de transporte no que se produzan
os feitos, e neste último suposto, asemade, o encargado do transporte.
Artigo 18.- Procedemento sancionador.
1.- O procedemento sancionador aplicable rexerase polo establecido na Lei
50/1999, do 23 de decembro, así como a Lei 30/1992, do 26 de novembro e normas
de desenvolvemento.
Artigo 19.- Exercicio da potestade sancionadora.
1.- Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos artigos 24.2 da Lei
1/1993, do 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia serán:
0) Por infraccións leves, o alcalde.
1) Por infraccións graves, o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.
2) Por infraccións moi graves, o conselleiro de Medio Ambiente.
2.- A incoación e tramitación dos expedientes polas infraccións tipificadas
como leves correspóndelle ó Concello.
Non obstante, o alcalde poñerá en coñecemento, de xeito fidedigno, do director
xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, toda
acción ou omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi
grave.
3.- Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o Alcalde poderá proceder á retirada ou custordia dun animal potencialmente peri go s o , a cargo do
propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación dun
expediente sancionador.
Capítulo V.- Da taxa por expedición de licencia, renovación, inscricións rexistrais
e as súas modificacións e cancelacións.
Artigo 20.- Obxecto.
1.- De conformidade co disposto nos artigos 15 e 19, en relación co artigo 20
da Lei 39/1988, do 28 de decembro, do Estado, reguladora das facendas locais,
establécese a taxa pola prestación de servicios especiais de expedición de licencia,
as súas renovacións, inscricións rexistrais e as súas modificacións e cancelacións.
Artigo 21.- Feito impoñible.
1.- O feito impoñible da taxa é a actividade municipal conducente a verificación
do cumprimento das condicións reguladas nesta ordenanza para a concesión
da licencia indicada, a actividade de control que se efectuará nas renovacións
que desta deban verificarse, a tramitación, control e custodia que dela se
establece de aqueloutros servicios que se recollen nas tarifas desta ordenanza.
Artigo 22.- Suxeito pasivo.
1.- Son suxeitos pasivos da taxa os propietarios de animais que soliciten a
inscrición no rexistro municipal e que están obrigados a súa renovación.
2.- En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou
asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen á
súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de
adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos
e establecementos de venda.
Artigo 23.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as
persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos,
interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedade e entidades
en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 24.- Aplicación da taxa.
1.- A aplicación da taxa producirase coa solicitude de calquera dos actos ós
que se refire o feito impoñible.
2.- A non concesión da licencia,cando non sexa debido a incumprimentos formais
do suxeito pasivo, dará lugar a devolución das cantidades autoliquidadas.
Artigo 25.- Tarifas.
1.- Licencia de cans potencialmente perigosos, 6 euros.
2.- Ficha identificativa individual, 5 euros. (Menos que 1)
3.- Renovación de licencias, 3 euros.
4.- Inscrición no rexistro APP, 3 euros.
5.- Inscrición no censo de animais de compañía, 2 euros. (2/3 de 4)
6.- Modificacións rexistrais, 1 euro.
7.- Cancelación rexistral, 1,50 euros.
8.- Os actos ós que se refiren os epígrafes 1, 3, 4 e 7 cando os soliciten os
suxeitos pasivos a que se refire o número 2 do artigo 22, terán unha recarga do
20 por cento.
Artigo 26.- Ingreso da taxa.
1.- O ingreso da taxa efectuarase en réxime de autoliquidación e con carácter
previo ó acto que o motiva.
Artigo 27.- Infraccións e sancións.
1.- En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das
sancións que a estas lles correspond en en cada caso, ateranse ó disposto nos artigos
77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional única.
1.- Quedan excluídos da obriga de obtención de licencia municipal aqueles
exemplares caninos que foran obxecto de adestramento baixo a supervisión directa
da ONCE e sexan destinados a guía de persoas invidentes.
Disposición final.
1.- A presente ordenanza entrará en vigor coa súa publicación íntegra no Boletín
Oficial da Provincia e transcurso do prazo establecido no artigo 65.2 da
Lei 7/1985, do 2 de abril, continuando en vigor ata a súa derrogación expresa
polo Concello”.
Ribadavia, 24 de setembro de 2002.- O alcalde. |