Ordenanza nº 26. Reguladora da taxa pola prestación dos servizos municipais de vertido de augas residuais de calquera clase
Pleno 30 de Marzo 2006
BOP 3 de Xuño 2006
Título I.- Fundamento e feito impoñible.
Artigo 1º.-
De conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19, en relación co artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello esixirá a taxa pola prestación dos servizos municipais de vertido das augas residuais ó medio receptor da cunca hidrográfica nas condicións esixidas pola lexislación vixente.
Artigo 2º.
1) Entenderase por augas residuais aquelas augas usadas que procedentes de vivendas, locais ou establecementos comerciais, industriais, sanitarios ou instalacións agrícolas, se evacúan polas instalacións públicas ou privadas de saneamento ós distintos medios receptivos, diluídas ou non con calquera auga subterránea, superficial ou pluvial que se lle incorpore.
2) Entenderase por servizos municipais de vertido, para os efectos da presente ordenanza, a evacuación final das augas residuais, definidas no apartado 1 anterior, ó medio receptor da cunca hidrográfica correspondente, incluíndo a realización das
actuacións correctoras sobre a calidade das ditas augas que poidan derivarse das limitacións dos vertidos impostas pola lexislación vixente.
Título II.- Obriga de contribuír e suxeitos pasivos.
Artigo 3º.-
Nace a obriga de contribuír desde o momento da realización dos vertidos derivados da produción das augas residuais, definidas no artigo anterior.
Artigo 4º.-
Terán a consideración de suxeitos pasivos todos aqueles usuarios, persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades que regula o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares dunha vivenda, actividade, comercio ou industria que produzan augas residuais e vertan a través da rede e colectores municipais.
Título III.- Base impoñible.
Artigo 5º.-
A base do gravame fixarase en función de dous elementos: o cuantitativo e cualitativo, ambos referidos ás augas residuais producidas e vertidas.
Artigo 6º.- Elemento cuantitativo.
1 .- Vén determinado pola cantidade de auga vertida, que equivalerá á cantidade de auga consumida, de calquera orixe e natureza, medida ou estimada en metros cúbicos, a través da lectura do contador.
Artigo 7º.-
O elemento cuantitativo determinado de acordo coa regra contida no artigo anterior e concretado en metros cúbicos, actuará de primeiro compoñente para a fixación da cota bruta.
A dita cota bruta virá establecida polo consumo de ata 15 m3 de auga potable ó mes, sexa este: doméstico 1,3151 euros e industrias 2,2499 euros. Polo consumo que exceda o mínimo de 15 metros cúbicos cada mes aplicaranse as seguintes tarifas:
- De máis de 15 metros cúbicos ata 25 metros cúbicos: 0,13 euros por cada m3 para abonados domésticos e 0,19 euros por m3 para abonados industriais.
- De máis de 25 metros cúbicos ata 35 metros cúbicos: 0,19 euros por cada m3 para abonados domésticos e 0,34 euros por cada m3 para abonados industriais.
- De máis de 35 metros cúbicos ata 50 metros cúbicos: 0,34 euros por cada m3 para abonados domésticos e 0,41 euros por m3 para abonados industriais.
- De máis de 50 metros cúbicos, 0,47 euros por cada m3 para abonados domésticos e industriais.
- Os abonados que teñan consumo en obras, os primeiros 40 metros cúbicos a razón de 0,11 euros/m3; de máis de 40 metros cúbicos a 0,19 euros/m3.
Aquelas industrias que para o seu proceso de produción utilicen medios propios de abastecemento de auga, exclusivamente ou conxuntamente con auga da rede municipal e vertan na rede de sumidoiros un caudal superior ó consumido da rede municipal, instalarán, á súa custa, aparellos para a medida do caudal vertido, para os efectos de facturación. As obras serán proxectadas e executadas polo usuario previo visto e prace do concesionario e outorgamento da preceptiva licenza municipal.
Artigo 8º.- Elemento cualitativo.
1.- A valoración do elemento cualitativo efectuarase por asignación por actividade (factor K). 2.- Asignación por actividade: factor "K", vén definido mediante aplicación dun factor multiplicador denominado K, que corrixa a cota bruta por volume de auga residual producida de acordo cos criterios e clasificacións que se contén no anexo I, construídos en función de determinadas actividades encadradas, ou non, no imposto de actividades económicas (IAE), e que produce a que, para os efectos da presente ordenanza, se denomina cota tributaria.
Artigo 9º.- Determinación da débeda tributaria.
De acordo cos artigos anteriores a débeda tributaria da taxa de vertido virá determinada pola aplicación da seguinte fórmula:
Débeda tributaria: actividades comerciais e industriais = m3 medidos x cota determinada polo artigo 7º x índice corrector "K".
Débeda tributaria: actividades domésticas e asimilados = m3 medidos x cota eterminada polo artigo 7º x índice corrector "K".
Artigo 10.- Réximes de obrigas formais.
1.- Excepcionalmente dentro dos seis primeiros meses do ano ou nos tres meses seguintes a producirse o feito impoñible no suposto de novas altas, os suxeitos pasivos a que se refire o artigo 4º e que realicen o feito impoñible definido no artigo 1º
virán obrigados a presenta-las correspondentes declaracións de alta por cada unha das vivendas, locais, establecementos comerciais ou industriais, sanitarios ou instalacións agrícolas, de acordo co modelo oficialmente aprobado.
2.- O Concello, cos datos declarados polo contribuínte e sen prexuízo da súa comprobación, procederá a liquidar e xirar, con carácter provisional, a débeda tributaria que resulte conforme á declaración presentada.
3.- A administración tributaria, tralos informes técnicos, se é o caso, comprobará as declaracións formuladas practicando, co que diso resulte, as liquidacións definitivas.
4.- Tanto as declaracións coas súas liquidacións provisionaiscomo definitivas producirán alta, con tal carácter, no padrón do tributo. Igualmente producirán alta no dito padrón as actuacións derivadas das actas de inspección de tributos.
5.- Os contribuíntes que modifiquen as circunstancias que constitúen e configuran o feito impoñible, así como os elementos determinantes da débeda tributaria, incluíndo o cesamento da actividade deberán comunicar á administración tributaria
municipal as ditas variacións no prazo de trinta días a partir da dita alteración.
Artigo 11.- Período impositivo e aplicación da taxa.
1.- O período impositivo coincidirá co ano natural e a el se referirán as cotas desta taxa.
2.- A taxa será de aplicación trimestral, desde o primeiro día natural do período impositivo en que se produza o feito impoñible.
Artigo 12.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo ás infraccións tributarias e á súa cualificación,así como ás sancións que a estas correspondan, aplicaranse as normas establecidas na Lei xeral tributaria.
Disposición adicional.
Co fin de garanti-la correcta medición do volume de auga consumido, o interesado instalará os correspondentes sistemas de medida e totalización de caudal.
Disposición final.
Primeira.- No non previsto especificamente nesta ordenanza rexerán as normas e as disposicións que, se é o caso, se diten para a súa aplicación.
Segunda.- A presente ordenanza fiscal entrará en vigor a partir da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Anexo I.
Definición do factor K.
1.- O factor K é unha constante que se aplica á cota bruta para introducir unha valoración da calidade global, segundo actividades.
Defínese consonte co seguinte cadro.
Clase de vertidos por actividades; factor K.
Clase D (domésticos e asimilados); 1
Clase A (actividades comerciais e industriais); 1
Clase B (actividades comerciais e industriais); 1,5
Clase C (actividades comerciais e industriais); 2
2.- A incorporación das diversas actividades a cada unha das clases vén determinada automaticamente polo encadramento ou non da dita actividade no IAE e segundo se recolle nas relacións que se conteñen ó final do presente anexo.
3.- Cando na mesma instalación se realicen actividades identificadas con epígrafes distintos aplicarase o que produza unha maior valoración do K.
4.- A modificación do valor K asignado, a pedimento do interesado ou de oficio, farase cos seguintes criterios.
1) O coeficiente do factor K non poderá ser inferior a 1 nas clases A, B e C.
2) Poderán estar incluídas no grupo de vertidos clase A, aqueles que demostren que a concentración media en tóxicos non supere o 10% do límite establecido no anexo III da O.M. para o control da contaminación das augas residuais. Esta porcentaxe
aplicarase sobre o compoñente tóxico do que o seu valor medio máis se aproxime ou supere a limitación citada.
3) Poderán estar incluídas no grupo de vertidos industriais de clase B aquelas que demostren que a concentración media en tóxicos e aceites sexa menor do 50% do límite fixado no anexo III da O.M. para o control da contaminación das augas residuais.
Esta porcentaxe aplicarase sobre o compoñente tóxico do que o seu valor medio máis se aproxime ou supere a limitación citada.
4) Poderán estar incluídos no grupo de vertidos industriais clase C, aqueles dos cales a súa concentración en tóxicos, aceites e graxas sexa superior ó 50% do límite fixado. Esta porcentaxe aplicarase sobre o compoñente tóxico do que o seu valor medio máis se aproxime ou supere a limitación citada.
5.- Relación de epígrafes para clasificación de vertidos.
1.- Clase C.
Grupos ou epígrafes do IAE incluídos en vertidos de clase C; denominación.
313; Produción gandeira.
411.2; Tratamento e recubrimento de metais.
412.2; Fabricación de aceite de oliva.
413; Fabricación de aceites e graxas vexetais e animais (agás aceite de oliva).
413; Sacrificio de gando. Incubación de aves. Preparación e conservas de carnes.
414.3; Fabricación de queixos e manteiga.
415; Conservación e envasado de froitas e legumes.
420; Industrias do azucre.
421.2; Elaboración de produtos de confeitería.
422; Industrias de produtos para a alimentación animal.
423; Elaboración de produtos alimenticios diversos.
424; Industrias de alcohois etílicos de fermentación.
425; Industrias vinícolas.
427; Elaboración de cervexa e malte cervexeiro.
441; Curtidos e acabados de coiros e peles.
2.- Clase B.
Grupos ou epígrafes do IAE incluídos en vertidos de clase B;
denominación.
22; Produción e primeira transformación de metais.
23; Extracción e preparación de minerais non metálicos nin enerxéticos.
24; Industrias de produtos minerais non metálicos.
3.- Clase A.
Grupos ou epígrafes de licenza fiscal incluídos en vertidos de
clase A; denominación.
316; Fabricación de produtos metálicos.
316; Fabricación de mobles metálicos.
329; Fabricación maquinaria industrial.
342; Fabricación maquinaria e material eléctrico.
33; Construción de material de transporte marítimo, terrestre e aéreo.
418; Fabricación de pastas alimenticias e produtos amiláceos.
419; Industrias do pan, docería, pastelería, galletas e churros.
45; Industrias do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.
46; Industrias da madeira, cortiza e mobles de madeira.
49; Outras industrias manufactureiras.
612; Comercio por xunto de materias primas agrarias, produtos alimenticios, bebidas e tabaco.
616; Comercio por xunto de drogas e produtos químicos de todas clases: pinturas e vernices, velas e ceras, pólvoras e explosivos, e combustibles e carburantes.
67; Servizos de alimentación e servizos de hostalería.
972 e 979; Servizos perruquería e institutos e salóns de beleza.
|