Castelo
Inicio->Alcaldía
BARRA
Saúda do Alcalde

Benvido á web oficial do Concello de Ribadavia, un espazo aberto, un lugar de encontro para todos os RIBADAVIENSES e tamén un escaparate para os que nos visitan dende fóra da Vila. A Vila medieval de Ribadavia e a capital da histórica comarca do Ribeiro, lugar onde se produce o famoso e mítico viño tan alabado por reis e poetas dende tempos inmemoriais.

O seu conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural, está formado por un entramado de tradicionais "rúas" de carácter medieval, un manto de pedra por onde pasear convirtese nun placer para os amantes da historia.

ALCALDE

Un percorrido cheo de sorpresas onde destacan o Castelo do Sarmiento, o Barrio Xudeo, os museos e as numerosas igrexas de diferentes épocas e estilos. Un canto de pedra amparado por un variado paisaxe de viñedos e riachuelos de suxerente contemplación, que convirten a Ribadavia nun museo vivo cheo de contrastes e historia.

A eficacia dos servizos municipais está directamente vencellada á súa proximidade, á súa transparencia e á facilidade para que o cidadán conte, en todo momento, coa información e apoio necesarios para resolver os seus trámites e para atopar pronta resposta ás súas reclamacións e queixas.

Aínda que a estrutura administrativa municipal pode resultar complexa, o noso deber é que para o cidadán sexa tan clara como accesíbel, tan próxima como eficaz. Neste senso dedicamos un grande esforzo a ampliar e mellorar os servizos de atención á cidadanía, tanto dos directos como dos remotos que permiten as novas tecnoloxías, especialmente internet.

Este é o propósito da nova páxina web, que ofrecerá paulatinamente un maior caudal de información sobre os distintos servizos municipais e a posibilidade de realizar diversos trámites, xestións e consultas administrativas a través da rede.

Queremos tamén que a web municipal sexa unha canle aberta para expresar e recoller as súas opinións, as súas suxestións e as súas propostas que, de seguro, enriquecerán a nosa percepción dunha vila tan plural, dinámica e singular como Ribadavia.

Neste contexto, o Concello de Ribadavia márcase o reto de dixitalizar os seus servizos e camiñar con pasos firmes na sociedade da información. Proba disto é a web que estás a visitar. Como Alcalde de Ribadavia invito a todos os cibernautas a adentrarse nesta web e coñecer os pormenores do noso Concello.

Marcos Blanco Jorge, Alcalde do Ilmo. Concello de Ribadavia.

barra
ministerio
xunta
avanza
fondo
barra
Concello de Ribadavia. Praza Maior 1 . 32400 Ribadavia (Ourense) . Tlno.: 988477100. concello@ribadavia.es